Bicontos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bicontos
Clasificación científica
Dominio: Eukarya
(sen clasif.) Bikonta
Supergrupos

Apusozoa (?)
Cabozoa
   Rhizaria
   Excavata
Corticata
   Archaeplastida (= Primoplantae)
   Chromalveolata
         ( Chromista + Alveolata)

Os bicontos ou Bikonta son organismos eucariotas formados por células con dous flaxelos desenvolvidos segundo un proceso único [1]. É un dos dous grandes clados dos eucariotas; o outro son os Unikonta. Outro trazo compartido polos Bikonta é a fusión de dous xenes de encimas nun só xene, que son os xenes para a timidilato sintase (TS) e a dihidrofolato redutase (DHFR), que codifican unha soa proteína con dúas funcións (Cavalier-Smith, 2006). Estes xenes tradúcense por separado nos Unikonta.

Algunhas investigacións suxieren que un Unikonta (unha célula eucariota cun só flaxelo) foi o antepasado de Opisthokonta e Amoebozoa, entanto que un Bikonta o foi de Archaeplastida, Excavata, Rhizaria, e Chromalveolata (que inclúe Chromista e Alveolata). Cavalier-Smith suxeriu que os Apusozoa, que tipicamente son considerados incertae sedis (de clasificación insegura), son, de feito, Bikonta.

As relacións entre os Bikonta non están aínda claras. Cavalier-Smith agrupou os Excavata e Rhizaria no grupo Cabozoa e os Archaeplastida e Chromalveolata no grupo Corticata, pero outros estudos suxeriron que os Rhizaria e Chromalveolata forman un clado. [2]

A seguiente árbore filoxenética mostra as relacións entre os principais grupos de Eukarya de acordo coas ideas de Cavalier-Smith. [3] [4]

Eukarya [A] 
 [B] [C] Bikonta 
 ?

Apusozoa


 [E] Corticata 
 [I] 

Archaeplastida


 [J] Chromalveolata 
 [M] 

Chromista



Alveolata




 [F] Cabozoa 
 [K] 

Rhizaria


 [L] 

Excavata




 [D] Unikonta 

Amoebozoa


 [G] [H] 

Opisthokonta




Lenda: [A] Eukarya ancestral heterótrofo uniflaxelado e unicentriolar; mitocondrias con cristas tubulares. [B] Biflaxelado ancestral. [C] Fusión de xenes DHFR-TS. [D] Fusión triple de xenes da biosíntese da pirimidina. [E] Alvéolos corticais. [F] Adquisición de cloroplastos por endosimbiose secundaria cunha alga verde (Viridiplantae). [G] Flaxelo posterior e mitocondrias con cristas planas. [H] Inserción de EF1-alfa. [I] Aparición dos cloroplastos por endosimbiose primaria cunha cianobacteria. [J] Adquisición de cloroplastos por endosimbiose secundaria cunha alga vermella (Rhodophyta). [K] Inserción de poliubiquitina. [L] Suco de alimentación ventral. [M] Pelos tubulares en flaxelos, e plastos dentro do retículo endoplasmático rugoso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Burki F, Pawlowski J (October 2006). "Monophyly of Rhizaria and multigene phylogeny of unicellular bikonts". Mol. Biol. Evol. 23 (10): 1922–30. DOI:10.1093/molbev/msl055. PMID 16829542. http://mbe.oxfordjournals.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=16829542.
  2. Burki F, Shalchian-Tabrizi K, Minge M, Skjæveland Å, Nikolaev SI, et al. (2007). Butler, Geraldine. ed. "Phylogenomics Reshuffles the Eukaryotic Supergroups". PLoS ONE 2 (8: e790): e790. DOI:10.1371/journal.pone.0000790. PMC 1949142. PMID 17726520. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=1949142.
  3. Thomas Cavalier-Smith (2006). "Protist phylogeny and the high-level classification of Protozoa". European Journal of Protistology 39 (4): 338-348. [1]
  4. Alexandra Stechmann and Thomas Cavalier-Smith (2003). "The root of the eukaryote tree pinpointed". Current Biology 13 (17). PMID 12956967.