Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°22′14″N 8°23′54″O / 43.370443, -8.398394

Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Fachada do edificio da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Enderezo webhttp://www.bibliotecaspublicas.es/bp-diputacion-coruna
Horario invernoluns a venres de 8:30 a 20:30 sábados de 9:00 a 14:00
Horario veránluns a venres de 8:30 a 14:00 e de 15:00 a 20:30
EnderezoRego de Auga nº37, 15001 A Coruña

A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña está situada nunha das zonas máis céntricas da cidade da Coruña. Esta biblioteca da Deputación da Coruña facilita o acceso a diferentes materiais, tanto bibliográficos coma audiovisuais.

Historia[editar | editar a fonte]

Estantes de novidades.

Fundada o 23 de decembro de 1845, a biblioteca nace a partir dos fondos procedentes da desamortización de diversos conventos da provincia da Coruña, durante a Primeira República. Nun primeiro momento instálase no edificio do Teatro Rosalía de Castro. En 1983 cambia a súa localización xunto co Arquivo, a un edificio na rúa Archer Milton Huntington, volvendo á súa localización orixinal en 1994, quedando así separada do Arquivo Provincial. Nesa data, a biblioteca contaba aproximadamente con 74.000 exemplares; na actualidade, hai preto de 200.000.

Bebeteca

Ademais da Biblioteca da Deputación Provincial, a cidade da Coruña conta coas:

Sala César Antonio Molina e Mercedes Monmany.

Así mesmo, a provincia ten numerosas bibliotecas de diferentes municipios. A súa localización e principais características poden ser consultadas no Directorio de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Sala de lectura Luis Seoane.

Servizos[editar | editar a fonte]

  • Información bibliográfica e á comunidade
  • Consulta en sala do material bibliográfico e audiovisual
  • Hemeroteca
  • Fonoteca
  • Préstamo a domicilio
  • Préstamo interbibliotecario
  • Acceso a Internet
  • Reprografía
  • Referencia virtual

Estrutura[editar | editar a fonte]

Salas Fondos
Sala Manuel López Biblioteca especializada en fotografía, composta por máis de 4.000 volumes e un centenar de títulos de revistas. Foi doada polo propio Manuel López e constitúe unha das coleccións de libros de fotografía máis importantes de España.
Sala Gonzalo Torrente Ballester Sala infantil e xuvenil con fondos pensados para nenos de 7 a 17 anos. Ten libros, revistas películas, xogos de ordenador, e unha consola para xogar na sala.
Fonoteca – Videoteca Eugenio Fernández Granell Sala de audiovisuais que conta cunha importante colección de películas, gravacións sonoras e material multimedia en libre acceso. A sala conta ademais con cabinas individuais para a consulta de fondos, con varias terminais para que os usuarios poidan acceder a Internet, e cun teclado.
Sala de información e préstamo Nesta sala dáse resposta a tódalas necesidades informativas dos usuarios e ás consultas sobre o funcionamento da biblioteca. É nesta sala tamén onde os usuarios solicitan a consulta do material bibliográfico e onde se leva a cabo o servizo de préstamo a domicilio. Inclúense dentro deste servizo tódolos documentos que forman parte do catálogo da biblioteca, agás as obras de referencia (dicionarios, enciclopedias etc.) e obras de características especiais (libros de bibliófilo, libros antigos, coleccións especiais e libros descatalogados).
Sala de lectura Luis Seoane Sala que consta de dúas plantas comunicadas entre si, con 80 postos de lectura por cada unha delas, onde se poden consultar as obras de referencia que se atopan en libre acceso, e o resto de fondos da biblioteca.
Sala Rafael Dieste É a Bebeteca do centro. Consta de fondos para nenos de 0 a 7 anos, con libros, revistas, películas etc.
Hemeroteca Juan Fernández Latorre Esta sala ten 38 postos de lectura, un ordenador con acceso a Internet, dúas fotocopiadoras e dous lectores-reprodutores de microfichas. A información á que se pode acceder consta de máis de 900 títulos, entre os que se encontran revistas, boletíns oficiais, xornais nacionais e internacionais etc.
Sala César Antonio Molina - Mercedes Monmany A sala alberga a colección de libros, manuscritos, obxectos e o arquivo persoal de César Antonio Molina, que consta nestes momentos de máis de 26.000 títulos.

Coleccións de especial interese[editar | editar a fonte]

Ademais das coleccións de Manuel López, César Antonio Molina e Mercedes Monmany, a Biblioteca Provincial tamén conserva:

  • A colección de partituras da tenda de música Canuto Berea, fundada a mediados do século XIX. A colección consta de 27.000 partituras, manuscritas e imprimidas.
  • As coleccións privadas con fondos sobre Galicia do empresario Blanco Maneiro e do galeguista Xosé Mosquera Pérez, "o vello dos contos", que constan respectivamente de 3.425 e 1.246 obras.
  • 1.400 volumes da biblioteca persoal da pintora Eva Llorens, que inclúe libros do seu pai, o pintor Francisco Llorens, e do seu avó. Entre as obras destacan as relacionadas con Galicia, a literatura galega e a arte. Hai exemplares firmados por Álvaro Cunqueiro, Emilia Pardo Bazán ou Ramón Cabanillas.
  • O fondo antigo, que contén 1.565 obras da primeira biblioteca provincial.
  • O fondo especial, con 1.637 obras.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Coruña, Ayuntamiento de A. Coruña / Concello da. "Bibliotecas Municipais da Coruña". Bibliotecas Municipales (en castelán). Consultado o 2019-03-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]