Bibiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bibiano Adonis Morón Giménez, máis coñecido como Bibiano, nado en Santiago de Compostela o 21 de decembro de 1950, é un músico e compositor galego.

Índice

[editar] Traxectoria

Iniciouse na canción galega comprometida no ano 1970, nos derradeiros tempos de Voces Ceibes. O seu primeiro concerto foi no colexio do Opus "La Estila" de Santiago nese mesmo ano. Incorporouse á nova canción galega nos anos do fin do franquismo.

Foi especialmente famoso o concerto que deu acompañado polo tamén membro de Voces Ceibes Benedicto o 25 de xuño de 1976 no Pavillón dos Deportes da Coruña. O concerto, en solidariedade co dirixente comunista Santiago Álvarez, preso no penal de Carabanchel, converteuse nun acto de reivindicación galeguista e nun dos fitos culturais máis importantes da transición en Galicia[Cómpre referencia].

A sua achega foi incorporar percusión e instrumentos eléctricos (fundamentalmente a guitarra electrica) na canción galega, que até entón só era de voz e guitarra española.

Deu moitos concertos con Vicente Araguas e foi militante moito tempo de CCOO. Máis tarde trasladouse a Vigo, onde rexentou unha discoteca. Gravou varios discos. Na actualidade dedícase a produción de eventos musicais en Vigo e rexentou un céntrico restaurante dende 1990 ata 2009.

[editar] Discografía

[editar] Álbums

* Agora entramos nós (1974)
* Estamos chegando ó mar (1976)
* Alcabre (1978)
* Aluminio (1979)

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas