Bhumibol Adulyadej
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Munumento ao Rei Bhumibol en Phitsanulok, Tailandia.
Bhumibol Adulyadej (ภูมิพลอดุลยเดช), Rama IX de Tailandia, nado o 5 de decembro de 1927, é rei de Tailandia desde 1946, o que fai del o xefe de estado actual de maior antigüidade, así como o monarca tailandés que máis tempo leva reinado.
Nacido nos Estados Unidos e educado principalmente en Suíza, Bhumibol é un monarca constitucional, aínda que ten intervido decisivamente en ocasións na política tailandesa. Atribúeselle un papel importante na transición á democracia na década de 1990 despois de períodos anteriores durante os que apoiou réximes militares.
| Rei de Tailandia | ||
|---|---|---|
Segue a: Ananda Mahidol |
Bhumibol Adulyadej | Precede a: Maha Vajiralongkorn (príncipe herdeiro) |
| Dinastía Chakri | ||