Bhaskara 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bhaskara 1
TipoObservación terrestre / experimental
OrganizaciónISRO[1][2]
Data de lanzamento7 de xuño de 1979[3][4][5]
Foguete portadorKosmos 3M[1][4]
Sitio de lanzamentoKapustin Yar[1][4][5]
Obxectivo da misiónObservación terrestre e experimentos tecnolóxicos.[1][4][5]
Decaemento17 de febreiro de 1989[3]
NSSDC ID1979-051A
Masa444,0 kg[1][2][4]
DimensiónsPoliedro de 26 caras de 1,66 m de altura e 1,55 m de diámetro.[4]

Bhaskara 1 foi un satélite artificial da India lanzado o 7 de xuño de 1979 mediante un foguete ruso Kosmos 3M desde Kapustin Yar.[1][2][3][4]

Características[editar | editar a fonte]

Bhaskara 1, chamado así en honor ós matemáticos indios Bhaskara I e Bhaskara II, foi o segundo satélite artificial da India. Estivo adicado á observación dos recursos terrestres e en particular ás áreas de hidroloxía, a silvicultura e a xeoloxía mediante un sistema de cámaras de televisión de dúas bandas. Estudou tamén os océanos cun radiómetro microondas de dúas frecuencias (SAMIR, polas siglas en inglés).[1][4]

Como obxectivos secundarios, Bhaskara 1 levaba a bordo experimentos relacionados con sistemas de procesamento e xestión de datos e para a recolección limitada de datos meteorolóxicos de estacións remotas, así como astronomía de raios X.[1][4]

O satélite tiña forma de poliedro de 26 caras, cunha altura de 1,66 m e un diámetro de 1,55 m. Tras cumprir a súa misión foi apagado en marzo de 1981. Reentrou na atmosfera o 17 de febreiro de 1989.[1][3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "Bhaskara 1, 2" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2011). "Bhaskara" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "BHASKARA" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2012. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 NASA (20 de abril de 2012). "Bhaskara" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Letter dated 26 July 1979 from the Permanent Representative of India to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (79-22329). 26 de xullo de 1979: 1. Consultado o 30 de abril de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]