Betsabé
Betsabé esposa de Urías e do Rei David e nai do Rei Salomón consonte o Segundo Libro de Samuel. Por ela o Rei David cometeu un dos seus máis graves pecados ao provocar a morte de Urías.
Relato [editar]
O Rei David un serán viu dende a azotea do seu pazo a unha belida muller purificándose das súas regras. Peñorado da súa beleza mandou preguntar quen era e dixéronlle que era Betsabé, filla de Alián e esposa de Urías o hitita. David deitouse con ela e preñouna. Coñecedor disto, David mandou chamar a Urías que estaba na guerra e pediulle que volvera a casa coa súa esposa. Pero Urías ficou a durmir á porta do pazo pois considerou indigno deitarse coa súa muller mentres os seus compañeiros na fronte acampaban ao raso.
Finalmente David ordenou ao xefe do exército Xoab que colocase a Urías na batalla nunha posición exposta e que se retirara deixándoo só. Así foi e Urías morreu. David tomou como esposa a Betsabé, que deu a luz un fillo.
Deus daquela enviou ao seu profeta Natán que lle contou a historia a David do home rico e do home pobre e como o primeiro a quen todo lle sobraba ripoulle ao pobre a súa única ovelliña que era para el como unha filla. David cheo de indignación dixo que o rico era reo de morte e que tiña que pagar catro veces o valor da ovelliña. Natán retrucou:
David confesou o seu crime e Natán anuncioulle o perdón de Deus. O fillo de Betsabé finou. David consolou a Betsabé, esta empreñou de novo e deu a luz a Salomón, o máis sabio dos monarcas.