Betje Wolff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Betje Wolff (arriba) e Aagje Deken.

Betje Wolff, nada en Vlissingen o 24 de xullo de 1738 e finada na Haia o 5 de novembro de 1804, foi unha escritora holandesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu como Elizabeth Bekker mais o casar o 18 de novembro de 1759 Adriaan Wolff, como era costume, adoptou o seu apelido. En 1763 publicou a súa primeira colección de relatos en 1763 Bespiegelingen over het genoegen. In 1777, logo da morte do seu home, mudouse á casa da súa amiga e tamén escritora Aagje Deken, elas as dúas van publicar conxuntamente varias novelas que gozaron dunha gran popularidade nos Países Baixos: Historie van mejuffrouw Sara Burgerhart (1782) e Historie van den heer Willem Leevend (1784).

Polas súas simpatías cos patriotas, opostos a Guillerme V de Orange-Nassau tiveron que se exiliar en Trévoux na Borgoña en 1788, publicando ó ano seguinte Wandelingen door Bourgogne. Durante a Revolución Francesa houberon morrer na guillotina pero conseguiron escapar.[1] En 1795 volveron a Holanda, residindo na Haia ata o seu pasamento.

Obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Encyclopædia Britannica Eleventh Edition

[[sv:Elisabeth Bekker]