Besse Cooper

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Besse Berry Cooper (de solteira Brown), nada en Sullivan (Tennessee) o 26 de agosto de 1896, e finada en Monroe (Xeorxia) o 4 de decembro de 2012, foi unha supercentenaria estadounidense. Sendo mestra retirada, convertiuse na persoa viva máis anciá do mundo o 21 de xuño de 2011 logo da morte da brasileira Maria Gomes Valentim. Cooper foi, ademais, unha das 10 persoas máis lonxevas de tódolos tempos, e a última persoa viva verificada nada en 1896.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Eunice Sanborn
Persoa viva máis anciá dos Estados Unidos
31 de xaneiro de 2011 – 4 de decembro de 2012
Sucesor:
Dina Manfredini
Predecesor:
Maria Gomes Valentim
Persoa viva máis anciá do mundo
21 de xuño de 2011 – 4 de decembro de 2012
Sucesor:
Dina Manfredini