Berti Vogts
| "Berti" Vogts |
|||
|---|---|---|---|
| Nome completo: | Hans Hubert Vogts | ||
| Alcume: | ' | ||
| Data de nacemento: | 30 de decembro de 1946 | ||
| Lugar de nacemento: | Büttgen, Alemaña | ||
| Data de falecemento: | |||
| Lugar de falecemento: | , | ||
| Nacionalidade: | |||
| Club actual: | retirado | ||
| Posición: | Lateral dereito, Central | ||
| Altura: | metros | ||
| Partidos internacionais: | 96 | ||
| Goles: | 1 (selección) | ||
| Ano do debut: | |||
| Club do debut: | |||
| Ano do retiro: | |||
| Club do retiro: | |||
Hans Hubert "Berti" Vogts (nado o 30 de decembro de 1946, en Büttgen, Alemaña) é un futbolista e adestrador. Formou parte da Selección de fútbol de Alemaña.
Xogador [editar]
En 1954, con 7 anos de idade, únese ao VfR Büttgen, club no que ficou ata 1965, ano no que foi transferido ó Borussia Mönchengladbach. Aquí estivo ata a súa retirada en 1979, sendo unha das pezas clave do equipo que ao longo dos 70 gañou 5 Bundesligas, 1 Copa de Alemaña e 2 Copas da UEFA. Fixo 419 aparicións en liga anotando 33 goles e 64 encontros e 8 goles nas competicións europeas.
A nivel internacional xogou 96 encontros coa selección absoluta de Alemaña do Oeste, anotando un gol. En 20 deles foi o capitán o equipo. Foi un xogador fundamental no campionato mundial de 1974 que gañou Alemaña. Tamén participou no equipo que venceu na Eurocopa de 1972.
Adestrador [editar]
Despois de rematar a súa carreira coma xogador, chegou ó cargo de seleccionador do equipo sub-20 de Alemaña, cargo no que estivo ata o ano 1990. En 1990, despois da vitoria da escuadra no Mundial de Italia foi ascendido a adestrador da selección absoluta. Nesta etapa conseguiu a Eurocopa de 1996. Posteriormente tamén adestrou á selección de Escocia e Kuwait, sen moito éxito.
Ligazóns externas [editar]
- Sitio non oficial (Alemán) - Vogts non ten páxina oficial
- Leverkusen who's who