Bernardus Johannes Alfrink

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bernardus Johannes Alfrink
Kardinaal Alfrink.JPG

Bernardus Cardinal Alfrink - Arquivo da Arquidiocese de Utrecht
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento 5 de xullo de 1900 en Nijkerk, Gueldria
Pasamento 17 de decembro de 1987 en Nieuwegein, provincia de Utrecht
Ordes
Ordenación sacerdotal 15 de agosto de 1924, por Hendrik van de Wetering
Consagración episcopal 17 de xullo de 1951, por Paolo Giobbe
Creado cardeal 28 de marzo de 1960, por Xoán XXIII
Arcebispo de Utrecht
1955 - 1975
Predecesor Johannes de Jong
Sucesor Johannes Willebrands
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Bernardus Johannes Alfrink, nado en Nijkerk o 5 de xullo de 1900 e finado en Nieuwegein o 17 de decembro de 1987, foi un cardeal católico neerlandés.

A súa nai morreu no seu nacemento. Ordenado sacerdote en 1924, foi nomeado Consultor da Pontificia Comisión Bíblica, arcebispo de Tiana (1951) e de Utrecht (1955), nomeado cardeal en 1960. Formou parte do consello da presidencia do Concilio Vaticano II, retirándose en 1975.