Bernardo Maiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bernardo Maiz Vázquez, nado en Santiago de Compostela o 12 de maio de 1950, é un historiador galego.

Índice

[editar] Traxectoria

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1973, e Doutor en Historia Contemporánea (Zaragoza, 1984). Actualmente é catedrático no IES Concepción Arenal de Ferrol, e veciño do Seixo, Mugardos.

[editar] Obra

[editar] Ensaio

  • Galicia na II República e baixo o franquismo (1988, Xerais).
  • Memoria-catálogo das publicaciones galegas antifranquistas (1989, Edicións do Castro).
  • Nautilus (1892-1894) (1994, Xerais).
  • As embarcacións de pasaxe nas rías galegas (1573-2000) (2001, Xerais).
  • Resistencia, guerrilla e represión. Causas e Consello de Guerra, Ferrol 1934-1955 (2004, A Nosa Terra).
  • Castelo de San Felipe: cárcere e morte (2010, Embora).

[editar] Narrativa

  • Traballos premiados no 7º concurso de narración curtas Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro (1982, Edicións do Castro).

[editar] Obras colectivas

  • A Resistencia Antifranquista na Comarca de Ordes. Manuel Ponte Pedreira (1997, Asociación Cultural Obradoiro de Historia de Ordes). Con Manuel Pazos Gómez.
  • Achegamento á Segunda República en Ordes: documentos (2001, Asociación Cultural Obradoiro da Historia). Con Emilio Grandío Seoane e Manuel Pazos Gómez.
  • O sindicalismo nacionalista galego (1972-1982) (2003, CIG). Con Bieito Alonso.
  • Historia do instituto "Concepción Arenal" (I) (2007, Embora). Con Fermín Rico Peña.
  • As embarcacións tradicionais: do Arco Ártabro a Ribadeo (2009, Embora). Con Enrique Freire.

[editar] Premios

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas