As Berlengas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Berlengas»)

Coordenadas: 39°24′56″N 9°30′36″O / 39.415624, -9.510041

As Berlengas
Vista da illa
Datos
Capital
País Portugal
Localización Océano Atlántico
Arquipélago
Linguas
Poboación (2009) 30 hab.
Superficie
Densidade
Maior Altura 121 m.
Localización
Localización da illa

O Arquipélago das Berlengas está situado no océano Atlántico, a 10 km ao oeste de Peniche, na costa de Portugal. O arquipélago é de bloque granítico.

Forman parte desta illa tres pequenos illotes: Berlenga Grande, Estelas e Farilhões.

A parte máis importante da illa é chamada Berlenga e representa máis de 2/3 da superficie total da illa. A outra parte está separada pola erosión marítima e chámase Illa Vella.

Historia[editar | editar a fonte]

Barrio dos Pescadores e o Porto

A ocupación humana da Berlenga Grande (única habitable) remontase á Antigüidade, sendo coñecida como illa de Saturno polos xeógrafos Romanos. Posteriormente foi visitada por navegadores Musulmáns, viquingos, corsarios franceses e ingleses.

En 1513, co apoio da raíña Dna. Leonor, monxes da Orde de San Xerome estabelecéronse co propósito de ofrecer auxilio á navegación e ás vítimas dos frecuentes naufraxios naquela costa atlántica, arrasada por corsarios, fundando o Mosteiro da Misericordia da Berlenga, no local onde, desde 1953, se ergue un restaurante. Entre tanto, a escaseza de alimentos, as doenzas e os constantes asaltos de piratas e corsarios marroquís, alxerinos, Ingleses e Franceses, tornaron imposible a vida de retiro dos frades, moitas veces incomunicados debido á inclemencia do mar.

Farol[editar | editar a fonte]

Faro Duque de Bragança

O Faro da illa foi construído en 1841, o Faro foi bautizado como Duque de Bragança.

O Faro utiliza a enerxía acumulada durante o día (a través de varios paneis solares), con 29 m. de altura, a súa luz é visíbel nunha área ata cerca de 50 km.

Fortaleza das Berlengas[editar | editar a fonte]

Fortaleza das Berlengas

O forte de planta poligonal irregular (orgánica), presenta unha edificación principal, con doce salas ou cuartos onde funcionaban as dependencias de servizo (Casa do Comando, Cuarteis de Tropas, Almacéns, Cociña e outros) e mais oito compartimentos inscritos no interior das murallas. Un corredor sen iluminación dá acceso internamente aos varios puntos da estrutura.

Fauna[editar | editar a fonte]

No tocante á fauna destácanse a lagarta de Bocage e o sardão, esta última especie ameazada pola poboación de gaivotas, coellos e ratos. Existen varias especies de aves, mariñas e non mariñas, que nidifican neste punto illado do litoral, como:

No mar, entre tanto, é onde se encontra a maior riqueza do arquipélago, unha das zonas de maior riqueza ictiolóxica da costa portuguesa.

Flora[editar | editar a fonte]

Armeria berlengensis

Existen cerca dunha centena de especies botánicas na área, incluíndo:

Turismo[editar | editar a fonte]

Area de acampada

Existen dous restaurantes na illa, o Restaurante e Quartos Mar e Sol e no Forte de São João Baptista, unha zona de acampada e un minimercado con produtos esenciais.

Praias[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

O arquipélago foi palco e tema principal do filme O Rei das Berlengas, realizado en 1978 por Artur Semedo e contando co falecido Mário Viegas no papel de protagonista, o herdeiro da dinastía dos Teles de Midões que se bate pola independencia do arquipélago de Portugal.