Berberecho macho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Berberecho macho

Cuncha de berberecho macho de Sicilia no Museo Civico di Storia Naturale di Milano
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Orde: Veneroida
Superfamilia: Cardioidea
Familia: Cardiidae
Xénero: Acanthocardia
Especie: A. aculeata
Nome binomial
Acanthocardia aculeata
Linnaeus, 1758
Sinonimia
  • Cardium aculcatum Aradas & Benoit, 1870
  • Cardium aculeatum Linnaeus, 1758
  • Cardium spinosum J. Sowerby, 1804

O berberecho macho[1] (Acanthocardia aculeata) é unha especie de molusco bivalvo mariño da familia Cardiidae pertencente ao xénero Acanthocardia.

Descrición[editar | editar a fonte]

A cuncha do berberecho macho pode acadar os 50–115 mm de tamaño. Esta cuncha é robusta, ovalada, cun perfil de forma de corazón, coas valvas iguais e inchadas, coas marxes crenuladas. A superficie amosa 20-22 costelas radiais prominentes, con filas de espiñas afiadas, especialmente aos lados. A coloración básica é normalmente marrón pálida. O interior é branco, con rañuras que se estenden polo interior.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

O berberecho macho atópase polo mar Mediterráneo e o océano Atlántico europeo. Esta especie está presente no sublitoral areoso lamacento. Estes moluscos alímentanse de fitoplancto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dicionario de alimentación e restauración" (PDF). p. 50. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de abril de 2016. Consultado o 16 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Repetto G., Orlando F. & Arduino G. (2005): Conchiglie del Mediterraneo, Amici del Museo "Federico Eusebio", Alba, Italia

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]