Berardius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Berardius

Comparación do tamaño do zifio de Arnoux cun humano
Estado de conservación
CC sen datos suficientes
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Ziphioidea
Familia: Ziphiidae
Subfamilia: Berardiinae
Xénero: Berardius
Duvernoy, 1851 [1]
Especies

Berardius é un xénero de cetáceos odontocetos da familia dos zifíidos que inclúe os zifios de maior tamaño.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O xénero Berardius foi establecido polo médico e zoólogo francés Louis Georges Duvernoy,[4] quen lle puxo este nome na honra do mariño Auguste Bérard, capitán da corveta Le Rhin, que lle enviara a Duvernoy, desde Nova Zelandia, o primeiro cranio descrito.

Descrición[editar | editar a fonte]

Teñen un bico particularmente longo e prominente en relación cos outros zifios. A mandíbula inferior é máis longa que a superior e os dentes dianteiros son visíbei mesmo coa boca pechada. O corpo é esvelto, coa sección máxima só dun 50 % da lonxitude total. A fronte é empenada, debido á presenza do melón na cabeza. A coloración é uniforme, pero podo variar segundo os individuos desde a gris clara á negra. As aletas pectorais son pequenas e arredondadas e están situadas cara á parte dianteira do corpo. A aleta dorsal, así mesmo pequena e arrondada, sitúase ao comezo do último terzo do corpo. Levan en toda a superficie do corpo numerosas cicatrices brancas que poden ser un bo indicador da idade do animal. O dimorfismo sexual é escaso.

Especies[editar | editar a fonte]

O xénero comprende tan só dúas especies:

As dúas especies son tan parecidas que algúns científicos consideraron a súa separación como unha anomalía histórica. Serían indistinguíbeis no mar se as súas áreas de distribución non foran completamente diferentes.[5]

Áreas de distribución[editar | editar a fonte]

Dúas especies[editar | editar a fonte]

Pero a falta de diferenzas morfolóxicas coñecidas pode ser simplemente debido ao escaso número de espécimes examinados (especialmente do zifio de Arnoux), e análises de datos da secuencia dos intróns mitocondrial e nuclear revelaron diferenzas xenéticas, confirmando que estas especies son entidades taxonómicas reprodutivamente illadas e válidas.[6][7]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

Para a IUCN, o estado de conservación de ambas as especies é sen datos suficientes (CC).[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Berardius Duvernoy, 1851 en ITIS.
  2. Berardius arnuxii Duvernoy, 1851 en ITIS.
  3. Berardius bairdii Stejneger, 1883 en ITIS.
  4. Duvernoy, L. G. (1851) en Ann. Sci. Nat. Zool. (Paris), ser. 3, 15: 52, fig. 1.
  5. McCann, C. (1975): "A study of the genus Berardius Dubernoy". Sci. Rep. Whales Res. Inst. 27: 111-137.
  6. Dalebout, M. L. (2002): Species identity, genetic diversity, and molecular systematic relationships among the Ziphiidae (beaked whales). Thesis, University of Auckland.
  7. 7,0 7,1 Taylor, B. L., Baird, R., Barlow, J., Dawson, S. M., Ford, J., Mead, J. G., Notarbartolo di Sciara, G., Wade, P. & Pitman, R. L. (asesores) (2008): Berardius arnouxii na Lista vermella de especies ameazadas da IUCN.
  8. Taylor, B. L., Baird, R., Barlow, J., Dawson, S. M., Ford, J., Mead, J. G., Notarbartolo di Sciara, G., Wade, P. & Pitman, R. L. (asesores) (2008): Berardius bairdii Lista vermella de especies ameazadas da IUCN.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]