BeppoSAX
|
|
|
|---|---|
![]() |
|
|
|
|
| Tipo | Observatorio espacial. |
| Fabricante | |
| Organización | Axencia Espacial Italiana / Axencia dos Países Baixos para Programas Aeroespaciais[1] |
| Data de lanzamento | 29 de abril de 2003[2] |
| Foguete portador | Atlas I[3][4] |
| Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[3] |
| Duración da misión | 7 anos[2] |
| Obxectivo da misión | Astronomía en raios X.[3][4] |
| Decaemento | 29 de abril de 2003 |
| NSSDC ID | 1996-027A |
| Masa | 900 kg[3][4] |
BeppoSAX foi un observatorio espacial colaboración de Italia e os Países Baixos. Foi lanzado o 30 de abril de 1996 desde Cabo Cañaveral mediante un foguete Atlas I.[3] O nome é unha composición entre "Beppo", o alcume do físico italiano Giuseppe Occhialini, e o acrónimo en italiano "SAX", Satellite per Astronomia X.[1]
Índice |
[editar] Características
BeppoSAX adicouse a facer estudios espectroscópicos e de variabilidade temporal do ceo en raios X na banda de enerxía entre 1 e 200 keV, incluída unha exploración de eventos transitorios en todo o ceo no rango entre 2 e 30 keV.[3]
[editar] Instrumentación
BeppoSAX levaba a bordo os seguintes instrumentos de campo de observación estreito:[3]
- catro cámaras concentradoras de raios X sensibles ao rango entre 1 e 10 keV, e unha delas sensible ata os 0,1 keV.
- un contador de gas proporcional de chispas sensible a entre 3 e 12 keV
- un cristal de chispas de ioduro de sodio sensible a entre 15 e 200 keV.
A 90 graos do eixo dos instrumentos de campo estreito había tres cámaras gran angular sensibles a enerxías de entre 2 e 30 keV.[3]
[editar] Notas
- ↑ 1,0 1,1 The BeppoSAX Mission (1996 - 2002) (inglés). HEASARC / NASA (20 de maio de 2011). Consultado o 26 de decembro de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 N2YO (2011) BEPPOSAX (inglés). Real Time Satellite Tracking. Consultado o 24 de decembro de 2011.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (4 de novembro de 2011) SAX (inglés). Consultado o 24 de decembro de 2011.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2011) SAX (BeppoSAX) (inglés). Gunter's Space Page. Consultado o 24 de decembro de 2011.
