Bente Kahan
| Bente Kahan | |
|---|---|
| Nome completo | |
| Alias | |
| Naceu | 1958 |
| Orixe | Oslo |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | |
| Tempo en activo | |
| Web | |
Bente Kahan, nada en 1958 en Oslo, é unha actriz, cantante e guitarrista norueguesa, coñecida polo seu labor na revitalización da cultura yiddish en Europa.
Índice |
Traxectoria [editar]
Orixe e formación [editar]
A súa nai descendía de xudeus bálticos asentados en Noruega a comezos do século XX e o seu pai, establecido en Oslo despois do Holocausto, de xudeus de Hungría e Romanía.
Bente estudou interpretación dramática na Universidade de Tel Aviv e na American Musical and Dramatic Academy de Nova York. Logo da súa graduación en 1981 actuou en diversos teatros de Israel, entre eles o Teatro Habima, o teatro nacional. En 1983 realizou a súa primeira actuación profesional en Noruega e tamén a primeira en yiddish, Over Byen, un espectáculo de cabaret con cancións e contos en yiddish salferido con textos do dramaturgo inglés Julian Garner. Conxuntamente con Ellen Foyn Bruun escribiu tres monodramas, Bessie - a Bluesical sobre a cantante de blues Bessie Smith en 1986, Letter Without a Stamp en 1988 e Stemmer fra Theresienstadt en 1995 (a versión alemá estreouse en 1995 e a inglesa en 1997).
A partir da década dos 90 [editar]
En 1990 despois de actuar en diversas compañías norueguesas fundou a súa propia, Teater Dybbuk en Oslo, tamén dirixe Jiddische Lieder, un obradoiro internacional sobre música yiddish, e botou a andar en 20006 a Fundación Bente Kahan para preservar a herdanza xudía na Galicia polaca, editou varios CD de música xudía, Yiddishkayt (1991), Farewell Cracow (con cancións de Mordechai Gebirtig, 1992), Di Gojim (1998), Home (cancións en yiddish, sefardí e hebreo, 2001) e Sing with us in Yiddish (2005)