Benny Moré

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua de Moré en Cienfuegos, Cuba.

Bartolomé Maximiliano Moré Gutiérrez, coñecido como Benny Moré, Beny Moré ou mesmo polo alcume El Bárbaro del Ritmo, nado en Santa Isabel de las Lajas o 24 de agosto de 1919 e finado na Habana o 19 de febreiro de 1963, foi un cantante e compositor cubano. Destacou particularmente no son montuno, o mambo, e o bolero. A día de hoxe é considerado un referente da música caribeña.


Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Benny Moré