Benny & Joon
| Benny & Joon | |
|---|---|
| Título orixinal | Benny & Joon |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Jeremiah S. Chechik |
| Produtor | Susan Arnold |
| Guión | Barry Berman Lesley McNeil |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Johnny Depp Mary Stuart Masterson Aidan Quinn |
| Música | Rachel Portman |
| Fotografía | John Schwartzman |
| Montaxe | Carol Littleton |
| Estudio | |
| Distribuidor | Metro-Goldwyn-Mayer |
| Ano | 1993 |
| Duración | 98 minutos |
| País | |
| Xénero | Comedia, Romance |
| Orzamento | |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Benny & Joon é un filme estadounidense dirixido por Jeremiah S. Chechik que foi estreado en 1993. Trata sobre dous individuos excéntricos, Sam (Johnny Depp) e Juniper "Joon" (Mary Stuart Masterson), que se namoran o un do outro. O filme é quizais mellor coñecido polos xestos cómicos de Depp (que foron feitos en homenaxe a Buster Keaton, Charlie Chaplin e Harold Lloyd) e por popularizar nos Estados Unidos a canción "I'm Gonna Be (500 Miles)" de The Proclaimers. Foi rodado integramente na localización de Spokane, Washington.
Índice |
Argumento[editar]
Trala morte dos seus pais, Joon, unha rapaza sensible e delicada, converteuse nunha persoa mentalmente desequilibrada, que vive baixo a estrita tutela e protección do seu irmán Benny (Aidan Quinn). Como consecuencia dunha disparatada poxa nunha partida de póquer, Benny ten que aceptar que Sam (Johnny Depp), un rapaz extravagante e solitario que ten un don especial para a pantomima (homenaxe ó cine mudo), vaia vivir con eles. Joon e Sam simpatizan enseguida e acaban namorándose.
Personaxes[editar]
- Johnny Depp como Sam
- Mary Stuart Masterson como Juniper 'Joon' Pearl
- Aidan Quinn como Benjamin 'Benny' Pearl
- William H. Macy como Randy Burch
- Julianne Moore como Ruthie
- Oliver Platt como Eric
- CCH Pounder como Dr. Garvey
- Dan Hedaya como Thomas
- Joe Grifasi como Mike
- Lynette Walden como Clienta
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)