Bennelong
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Bennelong | |
|---|---|
| Retrato (firmado "W.W."). Crese que representa a Bennelong | |
| Nacemento: | 1764 |
| Falecemento: | 3 de xaneiro de 1813 Kissing Point, Nova Gales do Sur |
Woollarawarre Bennelong (1764 – 3 de xaneiro de 1813), foi un aborixe australiano (Koori) do pobo dos Eora, que estaban asentados no que hoxe se coñece como a Baía de Jackson. Viviu na época dos primeiros asentamentos británicos en Australia, en 1788. Bennelong serviu de interprete entre os Eora e os británicos en Sydney e posteriormente no Reino Unido.