Benjamin Lee Whorf
| Benjamin Whorf | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de abril de 1897 Winthrop, Massachusetts |
| Morte | 26 de xullo de 1941 Wethersfield, Connecticut |
| Residencia | Estados Unidos |
| Campo | Lingüística |
| Coñecido por | Hipótese de Sapir–Whorf |
Benjamin Lee Whorf (1897-1941) foi un lingüista estadounidense, pupilo de Edward Sapir, de quen tomaría a hipótese etnolingüística para levala ao que actualmente se coñece como a hipótese de Sapir-Whorf, unha teoría do relativismo lingüístico.
Biografía[editar]
Benjamin Whorf estudou química no MIT e despois iniciou unha carreira de inspector de incendio para compañías de seguranza. Interesouse polos estudos lingüísticos bastante tarde na súa vida, seguindo os cursos de E. Sapir a partir de 1928, e logo foi asistente de Sapir na Universidade de Yale (1937-1938).
Investiga as linguas amerindias dos Estados Unidos e de México. Publica unha gramática da lingua hopi (estivera vivindo con eles en 1932), diversos estudos sobre os dialectos náhuatl, sobre a escritura xeroglífica maia, e o primeiro intento de reconstrución do utoasteca. Publica ademais a partir de 1936 un bo número de artigos en revistas de lingüística que trataban da hipótese Sapir-Whorf, das maneiras en que ao seu parecer os diversos sistemas lingüísticos afecten os sistemas de pensamento e os costumes de comportamento dos usuarios das linguas.
Morreu en 1941 e os seus textos, algúns entón aínda inéditos, foron reunidos nun volume, que apareceu en 1956 co título Language, Thought and Reality.