República de Benín - République du Bénin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Benin")
République du Bénin
República de Benín
Bandeira de Benín Escudo de Benín
Bandeira Escudo
Lema: Fraternité, Justice, Travail
(francés: «Fraternidade, Xustiza, Traballo»)
Himno nacional: L'Aube Nouvelle
 
LocationBenin.svg
 
Capital
 • Poboación
Porto Novo¹
238.199 (2006)
Cidade máis poboada Cotonú
Linguas Francés
Forma de goberno República democrática presidencial
Thomas Yayi Boni
Mariam Aladji Boni Diallo
Independencia
 • Data
De Francia
1 de agosto de 1960
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 101º
112.620 km²
1,8%
1.989 km km
121 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 94º
7.649.360 (2005 est.)
60 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 142º
US$ 8.534 millóns
US$ 1.147
IDH (2007) 0,437 (163º) – Baixo
Moeda Franco CFA (XOF)
Xentilicio Beninés, beninesa
Fuso horario
 • en verán
UTC+1
UTC+1
Dominio de Internet .bj
Prefixo telefónico +229
Prefixo radiofónico TYA-TYZ
Código ISO 204 / BEN / BJ
Membro de: ONU, UA

¹ Porto-Novo é a capital oficial, aínda que Cotonú sexa a sede do goberno.

Tódolos países do mundo

A República de Benín é un país ó oeste de África, anteriormente chamado Dahomei.

Índice

[editar] Historia

Artigo principal: Historia de Benín

O Benín foi parte do antigo reino africano do Dahomei, que mantivo comercio de escravos co Portugal despois do século XV. En 1872 a rexión comezou a ser colonizadas polos franceses, e en 1899 tornouse parte da África Occidental Francesa.

En 1 de agosto de 1960 o país gañou a súa independencia de Francia. O seu primeiro presidente foi Coutoucou Hubert Maga.

En 1972 un golpe de estado implantou un goberno de esquerda, e en 1975 o nome do país foi mudado para Benín.

En 1990 o ditador de Mathieu Kérékou permitiu eleccións multipartidistas despois de 17 anos de goberno marxista. Em 1996, Kérékou envolveu o seu elixido presidente, mais a oposición democrática gañou os comicios lexislativos de marzo de 1999.

[editar] Goberno e Política

O presidente da república é xefe de estado e tamén xefe do goberno. Pola constitución de 1990, é elixido por un período de 5 anos. O Parlamento ten 83 membros, elixidos por un período de 4 anos.

[editar] Organización político-administrativa

Benin departments named.png

Durante décadas, Benín dividiuse en seis departamentos ou provincias, en 1999 cada unha dividiuse en dúas. As provincias están divididas en 77 comunas.

As doce provincias son:

  1. Alibori*.
  2. Atakora.
  3. Atlantique.
  4. Borgou.
  5. Collines*.
  6. Donga*.
  7. Kouffo*.
  8. Littoral*.
  9. Mono.
  10. Ouémé.
  11. Plateau*.
  12. Zou.
  • Formado en 1999.

[editar] Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Benín.

Estendido entre o río Níxer ao norte e a baía de Benín ao sur, a altitude de Benín é case a mesma en todo o país. A maior parte da poboación vive nas chairas costeiras do sur, onde se sitúan as cidades máis grandes de Benín como Porto-Novo e Cotonú. O sector norte do país está formado por sabanas e zonas montañosas semiáridas.

Benin map.png

O clima de Benín é cálido e húmido, con relativamente máis choiva que outros países do oeste de África, hai dúas estacións de choiva (abril-xullo e setembro-novembro).

[editar] Ecoloxía

WWF divide o territorio de Benín entre catro ecorrexións:

[editar] Economía

Artigo principal: Economía de Benín.

A economía de Benín segue sendo subdesenvolvida e dependente da agricultura de subsistencia, produción de algodón e intercambio rexional. Hai petróleo, ouro, mármore e pedra calcaria -pero explotado por estranxeiros, permitindo a saída do capital. Desde 1988 xérase electricidade na represa de Nangbeto, sobre o río Mono.

O nivel de produción subiu un 5% nos últimos seis anos, pero o rápido crecemento da poboación compensou este logro. A inflación baixou durante os últimos anos. Co fin de aumentar o seu crecemento, Benín planea atraer máis inversionistas estranxeiros, salientar o turismo, facilitar o desenvolvemento de novos sistemas de procesamento de comida e produtos agrícolas, e fomentar nova información e tecnoloxía en comunicacións.

[editar] Demografía

Un 70% da poboación segue as crenzas tribais. O nivel de alfabetización é do 40% aproximadamente. Fóra das cidades os servizos de saúde son escasos. As principais cidades son Cotonú, Abomey-Calavi, Porto-Novo, Djougou, Parakou , Bohicon e Kandi, as únicas do país que superan os 100.000 habitantes. A poboación de orixe europea esta formada por 5.500 persoas (0,1% da poboación total do pais). O idioma oficial é o francés. A esperanza de vida é de 53 anos. A media de fillos por muller é de 5,20.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas