Benigno Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benigno Álvarez González, nado na vila de Maceda o 11 de marzo de 1900 e falecido en Vixueses (Foncuberta) o 11 de marzo de 1937, foi veterinario e o fundador da organización provincial do PCE en Ourense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Demetrio Álvarez, veterinario, que foi alcalde de Maceda entre 1913 e 1919. Estudou na escola pública de Maceda e trasladouse a Ourense para finalizar a ensinanza primaria. Marchou a Santiago de Compostela para facer o bacharelato e despois a carreira de Veterinaria. Unha vez finalizada en 1920, regresa a Maceda para axudar ao seu pai na clínica.

Durante os anos da República acadou funcións políticas de grande transcendencia, con intervencións en vilas e cidades de toda Galiza. A súa orientación nacionalista fíxolle manter unhas boas relacións cos galeguistas daqueles anos, constituíndo unha ligazón entre comunistas e galeguistas.

Asasinato a mans do bando nacional[editar | editar a fonte]

Dende o alzamento militar do 18 de xullo de 1936 foi perseguido ferozmente pola Garda Civil. Foi cando decidiu refuxiarse na Serra de San Mamede, onde rematou os seus días horas antes de que o atoparan. Tanto a fuxida como a posterior morte de Benigno Álvarez, espertou un grande interese, até o punto que cando a Garda Civil atopou o seu cadáver paseouno por vilas e aldeas para que a xente vira como lle deran morte a quen chamaban Fiera Comunista.

Hoxe como homenaxe, na súa Maceda natal, unha das máis importantes prazas leva o seu nome, Praza de Benigno Álvarez.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]