Bengalí vermello
| Bengalí vermello | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Amandava amandava | ||||||||||||
O bengalí vermello, (Amandava amandava) é un paxaro do tamaño dun pardal da familia dos begalís (Estrildidae). Os bengalís son aves de gaiola populares, grazas á plumaxe rechamante dos machos reprodutores. O seu nome específico amandava ten á súa orixe na cidade india de Ahmedabad, no Guxarat, de onde eran exportados para o comercio de mascotas.
Índice |
[editar] Descrición
Os bengalís miden uns 9 cm. de lonxitude e amosan un marcado dimorfismo sexual na época reprodutora. As femias son castañas agrisadas, amareladas na parte inferior do corpo. A plumaxe nupcial dos machos é predominantemente vermella. No peito, nos flancos, e nas plumas cobertoiras de alas e cola teñen puntos brancos. Os machos, nos primeiros anos, cambian, acabada a época reprodutora, a plumaxe vermella noutra semellante á das femias.
[editar] Distribución e hábitat
Os bengalís vermellos están espallados dende a India e Indochina , ata Xava e as illas pequenas da Sunda. Hai tamén poboacións en Exipto. Dentro desta área de distribución distínguense tres subespecies:
- Amandava amandava amandava, da India.
- A.a. punicea, ou bengalí da China , da illa china de Hainan, Vietnam, Camboxa, leste de Tailandia , Xava e Bali .
- A.a. flavidiventris, ou bengalí de barriga amarela, que aparece dende Birmania ata o suroeste de China e nas illas de Timor, Flores, Sumba e Lombok.
Dende os anos 1980 bandos de bengalís móvense tamén na rexión italiana da Toscana, onde as poboacións existentes teñen a súa orixe en exemplares domésticos fuxidos. Hai tamén poboacións introducidas en España, Brunei, Fixi, Malaisia, Portugal, Porto Rico, Singapur and Hawai.
Os bengalís viven en áreas de herbáceas ou xunqueiras e no mato preto dos camiños ou das beiras dos bosques ademais de en xardíns.
[editar] Literatura
- Horst Bielfeld; Das Prachtfinkenbuch - Sämtliche Arten, ihre Haltung, Pflege und Zucht, Eugen Ulmer Verlag Stuttgart 1996, ISBN 3-8001-7327-1