Beneharo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Beneharo II»)
Beneharo
Nacementovalor descoñecido
Lugar de nacementoTenerife
Falecementovalor descoñecido
Lugar de falecementoTenerife
Causavalor descoñecido
Ocupaciónmonarca
editar datos en Wikidata ]

Beneharo (ou Beneharo II) foi un líder-rei guanche, mencey de Anaga, na illa de Tenerife durante os acontecementos da conquista castelá da illa no século XV.[1] Foi o primeiro mencey tinerfeño en opoñerse a Alonso Fernández de Lugo e formou parte do bando de guerra que, en unión con outros menceyes, se enfrontou a Lugo na primeira batalla de Acentejo, na batalla de Aguere e na segunda batalla de Acentejo. Sobreviviu á conquista e tomou o nome de Fernando de Anaga ou Pedro de los Santos.[2][1]

Historia[editar | editar a fonte]

En maio do ano 1494, unha expedición político-militar capitaneada por Alonso de Lugo e formada por 30 navíos, 190 cabaleiros e entre 1000 e 2000 infantes casteláns, máis algúns aliados nativos, desembarca en Tenerife por Añazo.

Chegan a acordos de paz con Añaterve de Güimar e cos menceyes de Icod, Daute, Adeje e Abona, que forman o chamado bando de paces. Pero as conversacións con Beneharo non chegan a acordo algún e este reúnese no cabido con outros líderes guanches. A alianza militar contra os españois (bando de guerra) queda composta polos menceyatos de Taoro (Bencomo), Tacoronte (Acaymo), e Anaga, representada por Beneharo.

A ampla superioridade das armas castelás fronte ós bastóns, pedras e lanzas de madeira usadas polos indíxenas, foron a causa das sucesivas derrotas que decidiron o final da resistencia de Beneharo e outros líderes guanches á conquista. Despois dunha primeira e gran vitoria guanche na primeira batalla de Acentejo, as pragas causadas pola corrupción dos cadáveres insepultos no campo de batalla (a "modorra dos guanches"), e a morte do seu principal líder, o mencey de Taoro, e dos principais capitáns levaron ó declive da resistencia.

Rendición do bando de guerra ante Fernández de Lugo, 25 de xullo de 1496

Ó final, derrotado trala segunda batalla de Acentejo, xunto co resto de menceyes do bando de guerras, Beneharo de Anaga asina o 25 de xullo de 1496 a rendición ante Lugo, xunto con Benytomo de Taoro, Acaymo de Tacoronte. Segundo o pacto os guanches de Tenerife son sometidos e cristianizados, e se confederan "ós reinos das Españas". En setembro de 1496, os distritos de Adeje, Abona, Daute e Icode, súmanse ó Pacto de Los Realejos, mentres que pequenos grupos residuais de rebeldes permanecen nos montes.

A representación máis coñecida de Beneharo atópase na Praza da Patroa das Canarias en Candelaria e na foto de enriba á dereita, amósase co característico manto de pel de cabra que utilizaban como vestimenta os guanches. Esta escultura de bronce está acompañada das estatuas dos demais menceyes que gobernaban Tenerife antes da conquista das Canarias.

Familia[editar | editar a fonte]

Beneharo II, nado a comezos da segunda metade do século XV, era o fillo do mencey Serdeto (ou Beneharo I) e neto de Tinerfe, "O Grande". Os fillos de Beneharo II foron: Guacimara,[3] Enrique (descoñécese o seu nome precristián) e Guajara.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Rumeu de Armas, Antonio (1975). La Conquista de Tenerife (1494-1496). Santa Cruz de Tenerife: Cabido Insular de Tenerife. ISBN 84-500-7108-9. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2017. Consultado o 18 de xuño de 2021. 
  2. Viera y Clavijo, José de (1950-1952). Elías Serra Rafols, ed. Noticias de la historia general de las Islas Canarias (definitiva ed.). Santa Cruz de Tenerife: Goya Ediciones. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2021. Consultado o 18 de xuño de 2021. 
  3. Bethencourt Alfonso, Juan (1992). Historia del Pueblo Guanche: Etnografía y organización socio-política (2ª ed.). San Cristóbal de La Laguna: Francisco Lemus Editor. ISBN 84-879-7300-0. 
  4. BETHENCOURT ALFONSO, Juan. Historia del pueblo Guanche, pagina 147. 2º Edición: Abril, 1992.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]