Benedicto Blanco
Benedicto Blanco | |
---|---|
Nacemento | século XX |
Lugar de nacemento | Avión |
Falecemento | 13 de febreiro de 1943 |
Lugar de falecemento | Nantes |
Nacionalidade | España |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Benedicto Blanco Dobarro, nado en Avión e executado polos nazis en Nantes o 13 de febreiro de 1943, foi un maquis galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era membro e un dos máximos responsables da Organisation Spéciale (OS) dos Francs-Tireurs et Partisans (FTP), creados polo Partido Comunista Francés. Calcúlase que ó inicio da segunda guerra mundial tiña uns 18 anos, polo que posiblemente non deixara descendencia, non existindo referencias familiares que permitan saber máis sobre a súa vida.
Foi detido e xulgado pola Gestapo nun proceso sumarísimo, "o proceso dos 42", celebrado o 16 de setembro de 1942, simulacro de xuízo que a ocupación alemá artellou para escarmentar as continuas sabotaxes dos resistentes. Foi encarcerado, torturado e fusilado o 13 de febreiro de 1943, xunto con outros 37 maquis, entre eles o seu paisano Alfredo Gómez Ollero, de Paderne de Allariz.
Le Colectif du Procés des 42, unha organización dedicada á recuperación da memoria histórica dos 37 executados polos nazis, descubriu o 13 de febreiro de 2006 en Nantes un monumento na súa honra.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Alfredo Gómez Ollero. A memoria galega no Proceso dos 42" (PDF). Revista das Letras (608). 2 de marzo de 2006.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Xosé Lois Carrión (27 de novembro de 2007). "Desaparecidos que vuelven y otros que no". El País (en castelán).