Ben Foster (compositor)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ben Foster.
Ben Foster é un compositor, orquestrador e director de orquestra británico coñecido polo seu traballo como orquestrador na serie de televisión da BBC Doctor Who.
Traxectoria [editar]
Foster estudou Composición e Dirección de orquestra na Guildhall School of Music and Drama graduándose no ano 2000. Tamén se graduou no National Film and Television School, onde estudou con Francis Shaw e Peter Howell. Foi agraciado co premio de composición Lutoslawski.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)