Belsize Motors

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Belsize Motors
[[Ficheiro:|200px]]
Fundación 1897
Localización Manchester, Reino Unido
Industria Automóbil
Produtos Automóbiles
10hp Belsize de 1912 no Museo de Manchester de Ciencia e Industria
10hp Belsize 10/12 HP Tourer 1912
Belsize de 1911

Fundada en 1901, Belsize Motors radicada en Clayton, Manchester, Inglaterra. A compañía foi fundada por Marshall & Company.

Marshall & Co[editar | editar a fonte]

Marshall e Compañía de Clayton Lane, probablemente foi o primeiro fabricante de automóbiles de Manchester, construíu o seu primeiro coche en 1897. Os coches eran moi similares aos franceses Hurtu, asi mesmo unha réplica de Benz e vendéronse bautizados como Marshalls. Establecéron axencias en Londres e Dublín, e o coche gañou unha medalla de ouro da eficiencia na exposición de 1899 en Londres. Un novo modelo máis moderno de catro asentos apareceu en 1901 con motor de dous cilindros feito por Buchet e foi o primeiro en levar o nome de Belsize como "Belsize Marshall". En 1903 a compañía cambiou o seu nome a Belsize Motors and Engineering. En 1906 cambiou de novo a Belsize Motors Ltd.

Belsize Motors[editar | editar a fonte]

Antes da Primeira Guerra Mundial foron un actor importante na industria do motor do Reino Unido empregando 1200 persoas e facendo ata cincuenta vehículos á semana. Unha desconcertante variedade de modelos que incluía taxis, vehículos comerciais e camións de bombeiros con motores de ata 14´5 litros de capacidade.

Post Primeira Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

Logo da Primeira Guerra Mundial seguiuse unha política de modelo único nun primeiro momento cos 15 CV de 2798 cc, pero a este uníuselle en 1921 o Belsize-Bradshaw cun motor de 9 hp 1294 cc V-twin realizado por Dorman e deseñado por Granville Bradshaw que era en parte refrixerado por aire e en parte por baño de aceite. Gañou unha reputación de ser pouco fiable e abandonouse en 1924. Foi substituído por un modelo convencional de 1250 cc e 4 cilindros, o 10/20 ou RM, e un 1696 cc un de seis ou 14/30. Este último foi ao fin un coche moderno con válvulas en cabeza, freos ás catro rodas e unha caixa de cambios de catro velocidades, pero o seu precio de 415 £ a 650 £ era caro, en comparación coa competencia. Con todo, xa era demasiado tarde e a empresa cesou a súa actividade a finais de 1925.

A compañía tamén tratou de construír un 2496 cc, motor de oito cilindros en linea, pero nunca conseguiu superar a fase de prototipo, aínda que estaba anunciado en 1050 £.

Principais modelos de coches[editar | editar a fonte]

  • 12 hp 2 cilindros 1728cc 1901
  • 15/20 2860cc de 4 cilindros 1904
  • 18/24 3940cc 3 ou 3300cc 4 cilindros 1906
  • 24/30 5880 cc de 6 cilindros 1906-1908
  • 40 hp 7774 cc de 6 cilindros 1908
  • 60 hp de 11.724 cc de 6 cilindros 1908
  • 14/16 2543 cc de 4 cilindros 1909-1913
  • 18/22 3000cc 6 cilindros 1910-1913
  • 10/12 1950cc de 4 cilindros 1912-1916
  • 15 de 2.800 cc de 4 cilindros 1919 a 1923 (ampliado a 3100cc e coñecido como 15/20 en 1923)
  • 9 hp Belsize-Bradshaw 1100cc V2 cilindro 1921-1924
  • 14/30 de 6 cilindros 1700cc 1924 ata 1925 (tamén dispoñible con 2.500 cc de 8 cilindros en linea como o 20/40)

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]