Bell & Howell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Proxector para o fogar Bell & Howell "Regent" 8mm
Robert Capa cunha Filmo durante a Guerra Civil Española

Bell & Howell é unha fabricante histórico estadounidense de proxectores e cámaras de cinema, fundárona o proxeccionista Donald J. Bell e o mecánico Albert S. Howell en Chicago co nome de Bell & Howell o 17 de febreiro de 1907. Bell deixou a compañía en 1921 e Howell retirouse en 1940. No ano 2003 uniuse con Böwe Systec Inc. in 2003 e coñeceuse como Böwe Bell & Howell ata 2011, cando Versa Capital Management mercou a compañía e volveu ao seu nome tradicional, pero pese a manter o nome o seu ámbito de negocio é a comercialización de produtos de terceiros e a súa sede está en Wheeling, Illinois.

Historia[editar | editar a fonte]

Historicamente, Bell & Howell Co. foi un importantes subministrador de material cinematográfico, e pola súa innovación acadou sona dentro do mundo da industria cinematográfica, entre os seus produtos salientan:

  • Un marco xiratorio en proxectores de 35 mm (1907)
  • Un perforador de películas de 35 mm (1908)
  • Cámaras de cinema profesionais de 35 mm (1909 en diante)
  • Equipos para impresión usados polos laboratorios cinematográficos (1911 en diante)
  • A cámara Bell & Howell 2709, móbil, foia primeira cámara completamente de metal (1911-1957)
  • Cámaras de cinema de man para afeccionados e noticiarios: Filmo (finais de 1923), Eyemo (1925) e Autoload EE (1956)
  • Cámara militar de 16 mm Type N-6A
  • Cámara militar "GSAP" (Gun Sight Air Pilot) de 16mm.
  • Cámaras e proxectores Regular-8 e Super 8.
  • Proxectores de 16mm, mudos e con son.
  • Proxectores de diapositivas (2" X 2").

A partir de 1946 comezou a fabricar produtos para microfilmes. Un acordo con Canon fixo que entre 1961 a 1976 Canon fabricase as súas cámaras SLR de 35mm co logo de Bell & Howell A comezos da década de 1970 a empresa deixou de fabricar cámaras de cinema, centrándose nos microfilmes, escáneres e produtos financeiros.

Galería[editar | editar a fonte]