Belén Regueira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Belén Regueira Leal, nada na Coruña en 1977, é unha xornalista galega.
Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou o seu contacto cos medios de comunicación presentando un programa de entrevistas e música chamado Chambo (1997). De aí pasou aos servizos informativos da televisión de Galicia, onde presentou telexornais en distintas franxas horarias. En 2005 comeza a presentar na Radio Galega o magacine da fin de semana, chamado Extrarradio, e en 2008, sen abandonar a radio, regresa á televisión para presentar O país dos ananos, un programa onde inteveñen nenos de toda Galicia falando de todo tipo de temas. Este traballo valeulle o Premio Mestre Mateo á mellor comunicadora do ano 2008.
Tamén ten colaborado en medios escritos, como A Nosa Terra.