Begoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación de Begoña na cidade de Bilbao.
Casco vello de Bilbao, en Ibaiondo.

Begoña é un distrito da cidade de Bilbao, capital da provincia vasca de Biscaia. Divídese nos barrios de Begoña, Bolueta e Santutxu. Ten 45.450 habitantes e unha superficie de 1,77 km².

Índice

Historia [editar]

En 1300 fundouse a vila de Bilbao nunha porción de terra xunto ao Nervión-Ibaizábal que ata entón pertencera a Begoña. Bilbao creceu en poboación, poder económico e político e, en 1925, acabou anexionando a anteiglesia de Begoña.

Barrios [editar]

  • Begoña
  • Bolueta
  • Santutxu

Lugares de interese [editar]

O seu principal trazo de identidade é a Basílica da nosa Señora de Begoña, patroa de Biscaia, e que dá orixe ao nome propio feminino "Begoña". A festividade de Begoña celébrase os días 15 de agosto (A nosa Señora) e principalmente o 11 de outubro, coincidindo coa declaración canónica da Virxe de Begoña como patroa de Biscaia por parte do papa Pío X en 1903.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Coordenadas: 43°15′32″N 2°54′58″W / 43.25889°N 2.91611°W / 43.25889; -2.91611