Beckett (cráter)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beckett
Foto do cráter Beckett tomada pola sonda MESSENGER.
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Mercurio
Diámetro 60,24 km km[1]
55 km[2]
Coordenadas 40,16° S 248,67° O[1]
Procedencia do nome Clarice Beckett, pintora australiana.[1]

Beckett é un cráter do planeta Mercurio, que foi descuberto en xaneiro de 2008, durante o primeiro sobrevoo do planeta feito pola sonda MESSENGER.[3] A particularidade que fai especial a este cráter é que o seu chan non é liso e exhibe unha gran fosa con forma de arco ou dun auricular de teléfono, a cal é tamén chamada fosa central. O tamaño desta depresión é de 35 × 7,5 km.[2] Esta característica xeolóxica podería se-lo resultado do colapso dunha cámara de magma subxacente á parte central do cráter.[2] Este fenómeno é moi semellante ás caldeiras volcánicas da Terra, cando estas se colapsan.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 USGS Astrogeology (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Beckett on Mercury". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 09-01-2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gillis-Davis, Jeffrey J.; Blewett, David T.; Gaskell, Robert W.; Brett W.; Robinson, Mark S.; Strom, Robert G.; Solomon, Sean C (2009). "Pit-floor craters on Mercury: Evidence of near-surface igneous activity". Earth and Planetary Science Letters 285 (3-4): 243–250. Bibcode:2009E&PSL.285..243G. doi:10.1016/j.epsl.2009.05.023. 
  3. JHU/APL, ed. (20-02-2008). "MESSENGER Views an Intriguing Crater". Arquivado dende o orixinal o 20-11-2013. Consultado o 18-11-2009. 
  4. JHU/APL, ed. (30-09-2009). "A Newly Pictured Pit-Floor Crater". Arquivado dende o orixinal o 02-04-2015. Consultado o 09-01-2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]