Bebe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bebe.

María Nieves Rebolledo Vila, máis coñecida polo seu nome artístico Bebe, nada en Valencia o 9 de maio de 1978, é unha cantautora e actriz española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Afincada en San Vicente de Alcántara (Estremadura), creceu nun ambiente musical xa que os seus pais formaban parte do grupo de folk Suberina. Tivo a súa primeira guitarra aos once anos. Viviu en Zafra, en Mérida e en Badaxoz. En 1995 iniciou a súa traxectoria como corista no grupo Vanagloria, para pasar, pouco despois, a cantar soa nun bar chamado Cabeza de Toro. En 1996, tras terminar COU (Curso de Orientación Universitaria), foise a Madrid a estudar Arte dramática. En 2001 gañou un concurso de cantautores en Estremadura. O 27 de xuño de 2006 anunciou a súa retirada temporal do mundo da música, centrada agora na súa carreira como actriz, que deu un salto con La educación de las hadas.

Entre as súas cancións máis coñecidas atópanse "Ella", "Siempre me quedará", ou "Malo", que obtivo un éxito en Italia no verán de 2006.

Colaborou con Tontxu, Chambao, Luis Pastor, Albert Pla, El Combolinga, Los Delinqüentes, o tío Calambres, Kultama e Paco Bello, entre outros.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Pafuera telarañas (2004)
Y punto (2009)

Filmografía[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premios da Música 2006: Nomeada á mellor canción ("Malo"), mellor canción electrónica ("Corre"), mellor arranxista (Carlos Jean - Pafuera Telarañas), mellor produtor artístico (Carlos Jean - Pafuera Telarañas) e mellor técnico de son (José Luís Crespo - Pafuera Telarañas).
  • Premio Border Breakers 2006
  • Premios da Música 2005: Autor Revelación ("Malo"), Artista Revelación (Pafuera telarañas), Mellor Álbum de Pop (Pafuera telarañas), Mellor Vídeo Musical (Joan Vallverdú - "Malo").
  • Premio Estremadura á Creación 2005: Mellor obra producida por autor extremeño.
  • Premios Ondas 2004: Artista Revelación.
  • Premio Muller e medios de comunicación 2005.
  • Premios MTV: Nomeada a Mellor artista español.
  • Premios Goya 2006: Nomeada na categoría de mellor actriz revelación por La educación de las hadas
  • Premios Goya 2006: Gañadora da categoría de mellor canción orixinal, por "Corre" 2005.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bebe Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]