Beatrice Arthur
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
'Beatrice "Bea" Arthur, nada o 13 de maio de 1922 en Nova York e falecida o 25 de abril de 2009 nos Ánxeles , foi unha actriz, humorista e cantante estadounidense.
Traxectoria[editar]
Arthur fíxose coñecida pola polo personaxe de Maude Findlay nas comedias de situación da década de 1970 All in the Family e Maude, e como Dorothy Zbornak na serie da década de 1980 The Golden Girls, gañando Emmys por estes dous papeis. Actuou como actriz de teatro antes e despois dos seus éxitos televisivos, gañando un premio Tony pola súa interpretación de Vera Charles no musical Mame (1966).