Beato de Liébana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Beato de Liébana, (falecido cara o ano 798), foi un monxe católico de orixe cántabra.

Residiu no Mosteiro de San Martiño de Turieno (actualmente Mosteiro de Santo Toribio de Liébana, na comarca cántabra de Liébana, preto dos Picos de Europa. A súa obra máis coñecida é o Comentario á Apocalipse de San Xoán (Commentarium in Apocalypsin), que gozou de gran difusión durante a Alta Idade Media debido á súa dimensión teolóxica e política.