Beate Uhse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beate Uhse
Nome completoBeate Köstlin
Nacemento25 de outubro de 1919
Lugar de nacementoWargenau e Zelenogradsk
Falecemento16 de xullo de 2001
Lugar de falecementoSankt Gallen
Causapneumonía
NacionalidadeAlemaña
Ocupaciónaviadora, emprendedora, educador sexual e sex shop owner
NaiMargarete Köstlin-Räntsch
PremiosCross of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany
Na rede
IMDB: nm1446451 Facebook: beateuhsede WikiTree: Köstlin-7 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Beate Uhse-Rotermund, nada como Beate Köstlin o 25 de outubro de 1919 en Wargenau e finada o 16 de xullo de 2001 en Sankt Gallen (Suíza), foi unha piloto de aviación e unha personalidade dos negocios alemá. Fundou, rematada a segunda guerra mundial o primeiro sex-shop do mundo.[1] A día de hoxe, a sociedade "Beate Uhse AG" cotiza no mercado de valores e é a máis grande empresa xermana de produtos eróticos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era filla dun labrego e doutor prusiano. Con 17 anos xa tiña licenza de voo e con 24 loitou na Luftwaffe durante a segunda guerra mundial. En 1945, fuxiu de Berlín cara a Schleswig-Holstein cando, despois de ser arrestada polo exército británico e liberada o mesmo ano, comezou a dar clases de inglés, vender xoguetes feitos á man e dar instrucións sobre anticonceptivos aos mozos desa rexión. Creou unha revista sobre temas sexuais que vendeu 32 000 exemplares. En 1960 tiña un millón de clientes por catálogo e dous anos despois fundou o primeiro sex shop do mundo.

Morreu de pneumonía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Folha Online - Mundo - Morre Beate Uhse, alemã pioneira em lojas de artigos sexuais - 18/07/2001". www1.folha.uol.com.br (en portugués). 18 de xullo de 2001. Consultado o 2018-07-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Beate Uhse und Ulrich Pramann: Ich will Freiheit für die Liebe — Beate Uhse [Beate Uhse: I Want Freedom For Love]. Die Autobiographie. Ullstein Taschenbuch. 2001. ISBN 3-548-60049-2.
  • Beate Uhse: Mit Lust und Liebe. Mein Leben. Ullstein. 1989. ISBN 3-550-06429-2.
  • Elizabeth Heineman: Before Porn Was Legal: The Erotica Empire of Beate Uhse. The University of Chicago Press. 2011. ISBN 978-0-226-32521-7.