Bears

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bears é o nome co que se coñece ós seareiros do Rangers F.C. de Glasgow tamén coñecidos como bluenoses.

Estes afeccionados eran tradicionalmente de orixe escocesa e na súa meirande parte de crenza protestante, por oposición aos afeccionados do Celtic, que adoitaban ser de orixe irlandesa e de crenza católica.

Na actualidade esas orixes e crenzas xa non se axustan á realidade; porén a forte rivalidade permanece, moitas veces vencellada a símbolos como a bandeira irlandesa ou o trevo.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas