Baiona, Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bayonne»)
Modelo:Xeografía políticaBaiona, Francia
Baiona (eu) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°29′33″N 1°28′35″O / 43.4925, -1.4764Coordenadas: 43°29′33″N 1°28′35″O / 43.4925, -1.4764
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAquitania-Lemosín-Poitou-Charentes
DepartamentoPireneos Atlánticos
Distritosarrondissement of Bayonne (en) Traducir
Cantóncanton of Bayonne-Nord (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación52.749 (2021) Editar o valor em Wikidata (2.433,07 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaBayonne Functional Area (en) Traducir
Q3550935 Traducir Editar o valor em Wikidata
Parte de
Superficie21,68 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Adour e Nive (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude4 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
outubro de 1130Siege of Bayonne (en) Traducir
xuño de 1374Siege of Bayonne (en) Traducir
14 de abril de 1814Battle of Bayonne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJean-René Etchegaray (2014–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal64100 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Bayonne (pt) Traducir (1970–)
Pamplona (1970–)
Daytona Beach (pt) Traducir (1998–)
Veliko Tarnovo (2005–)
Ascoli Piceno (2008–)
Nyíregyháza (2008–)
Kajaani (2008–)
Hydra municipality (en) Traducir (2008–)
L'Hospitalet de Llobregat (2008–)
Faro (2008–)
Satu Mare (pt) Traducir (2008–) Editar o valor em Wikidata

Sitio webbayonne.fr Editar o valor em Wikidata
Facebook: villedebayonne Twitter: VilleDeBayonne Instagram: bayonnemaville Editar o valor em Wikidata

Baiona[1] (en francés: Bayonne; en éuscaro e gascón: Baiona) é unha cidade do suroeste de Francia, situada na confluencia dos ríos Nive e Adour, no departamento dos Pireneos Atlánticos da que é unha das súas subprefeturas, formando parte da provincia histórica vascofrancesa de Lapurdi en Iparralde. A súa poboación é do contorno dos 46 000 habitantes.

Linguas[editar | editar a fonte]

Baiona está na fronteira lingüística entre o gascón e o éuscaro. Aos comezos da Idade Antiga formaba parte do dominio do vasco, do mesmo xeito que gran parte da Gascuña, pero coa romanización van pasar ao dominio do latín que deu en transformarse no gascón, o dialecto occitano máis influído polo vasco. Desde finais do XVIII a cidade medrou converténdose nun centro industrial e portuario. Virouse en capital económica do territorio de Lapurdi e de boa parte do País Vasco Francés, atraíndo moita inmigración vasca pasando o éuscaro a destacar sobre o occitano alí falado, ambas linguas moi minorizadas na actualidade polo francés.

Fernando VII, Napoleón e os sucesos de 1808[editar | editar a fonte]

O 20 de abril chega a Baiona, Fernando VII, onde é esperado por Napoleón; co pretexto de que Francia recoñeceríao coma rei e, con iso tería a concisión do matrimonio co que garantía a seguridade de España na primeira entrevista que tivese co emperador. Condúcese o novo flamante rei ante o emperador francés para que confirme coa súa presenza de que España seguirá a ser aliada de Francia baixo o seu reinado, como dende o primeiro pacto de familia. Pero cando chega entérase das intencións de Napoleón: a cambio da cesión da coroa española, o emperador francés chégalle a ofrecer o reino de Etruria, un ano de renda neste mesmo reino, unha das súas sobriñas en casamento e, no caso de que morrese sen ter fillos, a sucesión establecida por liña masculina dos principes irmáns. Fernando VII non quere estas esixencias, pero atópase retido en chan francés. O 30 de abril, Carlos IV e mais a súa dona, María Luisa, chegan a Baiona, onde se xuntan co "Principe da Paz" (Manuel Godoy), chegado dende Villaviciosa. A chegada de Carlos IV fai cambiar os asuntos por completo que lle interesan a Napoleón. Xa non necesita para nada a Fernando VII. Tendo protestado Carlos IV contra a súa abdicación, o deber do Príncipe de Asturias consiste en devolverlle a coroa.

Dende o 5 ao 10 de maio; atraída a familia real española a Baiona por Napoleón I con fin de amañar o litixio nado tralo Motín de Aranjuez, producirase un cambio na dinastía española; cuxa substitución (da dinastía española) era proposta por Napoleón. O día 5 logrou a abdicación de Carlos IV na súa persoa e o 6 a renuncia de todos os seus dereitos do resto da familia española real.

O 10 de maio Fernando VII abdica da coroa española en favor de Napoleón; a presión exercida por este, xunto cunha carta (non moi grata) de seu pai, Carlos IV e as ameazas de facer xulgar coma rebeldes os seus conselleiros, producen un efecto rápido. O renovado príncipe Fernando remite a súa renuncia pura e simple ao rei Carlos IV; polo que este non tarda de cumprir os designios de Napoleón, e nomea de inmediato o gran duque de Berg (o entón mariscal Murat) coma lugartenente xeral do reino. De seguido prodúcese a abdicación de Napoleón, que non tarda en presentar a Fernando, os seus irmáns e o seu tío a petición para que renuncien todo o dereito da coroa española.

O 8 de xullo unha comisión de 150 homes reunidos en Baiona formou un grupo ao que se lle deu o nome de "Xunta Nacional"; dá o seu informe (non vinculante) a unha constitución para España (que podería ser a primeira do país); tomando coma inspiración a francesa do 1799 que, ademais incluía outras disposicións do imperio con adaptación a certas suxestións presentadas. A Xunta leva feitas 12 sesións antes da derradeira aprobatoria; polo que en ningunhas destas sesións asistiron, apenas, o 90 % dos membros. Napoleón quixo adiantarse desa forma a unha posible convocatoria nas Cortes de España. Os participantes tiñan variada procedencia: un terzo de eclesiásticos e 35 deputados (de diferentes cidades; de España coma dos seus antigos tres estamentos do reinado español). Segundo rezaba a Constitución de Baiona, "De orde do noso señor moi caro e moi amado irmán Napoleón [....] temos decretado e decretamos a presente constitución para que se garde coma lei fundamental dos nosos Estados e coma base o pacto que une os nosos pobos con Nos, e a Nos cos nosos pobos", con estas palabras remataba a derradeira sesión na que se deu visto e prace á constitución de cara a España.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. Baiona (Francia) 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]