Batrachochytrium dendrobatidis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Batrachochytrium dendrobatidis

Zoosporanxio de B. dendrobatidis.
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Chytridiomycota
Clase: Chytridiomycetes
Orde: Rhizophydiales
Familia: Incertae sedis
Xénero: 'Batrachochytrium[1]
Especie: ''B. dendrobatidis''
Nome binomial
Batrachochytrium dendrobatidis
Longcore, Pessier & D.K. Nichols (1999)

Batrachochytrium dendrobatidis, tamén coñecido como Bd ou o fungo quítrido dos anfibios, é un fungo quítrido que ameaza a poboación mundial de anfibios, ós que causa a doenza denominada quitridiomicose. Trátase dun fungo dulceacuícola. Ataca a pel dos anfibios, a cal é imprescindible para a súa homeostase hídrica e gasosa e defensa inmunolóxica, danando a capa de queratina.[2] Está incluída na lista 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo[3] da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

Dado que a pandemia de quitridiomicose sucede dende a década dos 80, discutiuse o posible papel humano na difusión do fungo. Hoxe asúmese que Xenopus laevis, unha ra empregada para efectuar o test de embarazo, puido actuar como vector propagador do fungo por todo o mundo, aínda que esta técnica empezou a difundirse en 1930 e até hai pouco máis de vinte anos non se recruou a doenza. De feito, hai investigadores que opinan que o fungo sempre estivo en contacto coas poboacións de anfibios e que só agora, cando están inmunodeprimidas por efecto do impacto humano nos ecosistemas, a súa micose faise máis patente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Batrachochytrium dendrobatidis". Index Fungorum (en inglés). CAB International, CBS e Landcare Research New Zealand Limited. 
  2. Department of Sustainability, Environment, Water, Population and Communities [Goberno de Australia] (ed.). "Chytridiomycosis (Amphibian chytrid fungus disease)" (PDF). Consultado o 24 de maio de 2015. 
  3. Lowe S., Browne M., Boudjelas S., De Poorter M. (2000). 100 das Especies Exóticas Invasoras máis daniñas do mundo. Una selección do Global Invasive Species Arquivado 24 de xuño de 2021 en Wayback Machine. Database[1]. Publicado polo Grupo Especialista de Especies Invasoras (GEEI), un grupo especialista da Comisión de Supervivencia de Especies (CSE) da Unión Mundial para a Natureza (UICN), 12pp. Primeira edición, en inglés, sacada xunto co número 12 de revístaa Aliens, decembro 2000. Versión traducida e actualizada: novembro 2004.