Batalla do estreito de Dinamarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla do estreito de Dinamarca
Bundesarchiv Bild 146-1984-055-13, Schlachtschiff Bismarck, Seegefecht.jpg
O Bismarck disparando ao Prince of Wales durante a batalla.
Data: 24 de maio de 1941
Lugar: estreito de Dinamarca
Conflito: Segunda Guerra Mundial
Desenlace: vitoria alemá
Combatentes
Flag of German Reich (1935–1945).svg Alemaña Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido

A batalla do Estreito de Dinamarca foi unha batalla naval da Segunda Guerra Mundial entre barcos da Royal Navy e a Kriegsmarine, librada o 24 de maio de 1941. O acoirazado británico HMS Prince of Wales e o cruceiro de batalla HMS Hood enfrontáronse ao acoirazado alemán Bismarck e ao cruceiro pesado Prinz Eugen, os cales estaban intentando chegar ao océano Atlántico para destruír mercantes aliados.

Menos de 10 minutos despois de que os británicos abrisen fogo, un proxectil do Bismarck alanzou ao Hood preto do seu depósito de munición de popa. Pouco despois o Hood estoupou, e afundíuse en tres minutos, salvandose so tres dos seus tripulantes. O Prince of Wales continuou intercambiando fogo co Bismarck pero tiña graves disfuncións no seu armamento principal xa que non estaba plenamente operativo despois de ser completado en marzo de 1941. Este feito, combinado cos efectos da batalla, fixo que tivese que retirarse do enfrontamento. O Bismarck, danado pero aínda operativo, negouse a seguir ao Prince of Wales e no seu lugar dirixíuse cara o Atlántico ao lado do Prinz Eugen.