Batalla de Vilafranca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Batalla de Vilafranca tivo lugar o 17 de marzo de 1809, durante a ocupación da provincia de León, na guerra da Independencia española. Despois dun sanguento asedio de catro horas, unha guarnición francesa, aillada en Vilafranca do Bierzo, rendeuse perante as milicias españolas do xeneral Gabriel de Mendizábal.

Contexto[editar | editar a fonte]

En 1809 as operacións do exército español no Noroeste estiveron marcadas por esforzos irregulares para expulsar os franceses das zonas que a invadiran, e logo do afundimento dese exército no discorrer do ano anterior. Os restos dos exércitos desfeitos polos ataques franceses, operando en colaboración coas guerrillas e a milicia, organizaran razias e escaramuzas, que de xeito ocasional permitían a captura de tropas ou equipos militares franceses.

Unha das formacións sobreviventes, a división regular de infantería do xeneral Marqués de la Romana, estabeleceuse en Asturias, fustigando os franceses en León e Galiza. En marzo, elementos desa unidade, armados cun canón de 12 libras e con municións recobradas dun posto, abandonado polos napoleónicos, en Ponferrada, a pouca distancia de Vilafranca do Bierzo.

Desenvolvemento da batalla[editar | editar a fonte]

A avangarda de ataque estaba formada por uns 1.500 homes dos rexementos Zaragoza e Zamora, ás ordes de Mendizabal, cos que colaboraron milicianos e guerrilleiros, entre eles valdeorreses. O 17 de marzo entraron en Vilafranca e arrodearon aos franceses, que se fixeron fortes no castelo. Comezou daquela unha cruenta batalla, que levou a vida de varios oficiais españois, mais logo de catro horas de combate, os franceses decidiron renderse.