Batalla de Montgisard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Montgisard
Parte de Cruzadas
Schlacht von Montgisard 2.jpg
Representación da batalla
Data 25 de novembro de 1177
Lugar Montgisard, cerca de Ramla
Resultado Vitoria cristiá
Belixerantes
Reino de Xerusalén Aiúbidas
Líderes
Balduíno IV de Xerusalén
Eudes de Saint-Amand
Reinaldo de Châtillon
Xocelino III de Courtenay
Reinaldo de Sidón
Aubert, bispo de Belén
Saladino
Forzas en combate
350 cabaleiros
(80 templarios)
Menos de 4.000 infantes
27.000 homes
Baixas
Descoñecidas Máis de 15.000, sen contar a retirada, na que morreron moitos musulmáns de sede, perdendo cabalos, etc.

A Batalla de Montgisard tivo lugar o 25 de novembro de 1177 entre musulmáns ao mando de Saladino e cristiáns baixo as ordes do rei Balduíno IV de Xerusalén. O conflito produciuse nos últimos anos da existencia do Reino Cristián de Xerusalén, cando Saladino ameazaba con invadir os estados francos de Siria.

Historia da batalla[editar | editar a fonte]

O Reino de Xerusalén atopábase ameazado pola invasión de mamelucos e soldados musulmáns do Sultán Saladino, quen comandaba un exército de 27.000 homes segundo Guillerme de Tiro. Empezou a invasión sobre os campos crendo atacar un país sen defensores. Pero o novo rei Balduíno IV reuniu todos os cabaleiros que lle quedaban e levouse a Vera Cruz. Levou consigo 375 cabaleiros, dos cales 80 eran templarios baixo as ordes do mestre Eudes de Saint Amand, Reinaldo de Châtillon e Xocelino III de Courtenay, tío do rei; os irmáns Íbelin, Reinaldo de Sidón e Aubert, bispo de Belén, que levaba a Vera Cruz. A infantería fora recrutada a toda présa, incluíndo burgueses, e era máis numerosa que a cabalería, aínda que non superaba os catro mil homes.

O exército cristián atacou por retagarda ao musulmán e de forma sorpresiva, o que produciu unha gran confusión nas filas do exército de Saladino, quen se salvou de milagre grazas á abnegación dos mamelucos da súa garda persoal, que morreron case todos arredor del. Din as crónicas: "O novo rei, atacado pola lepra, superou todos os obstáculos e loitou cunha grande coraxe, o que deu tamén coraxe aos seus homes."

O exército de Saladino fuxiu en desbandada cara a Exipto, con enormes perdas, mentres que as tropas cristiás eran recibidas triunfalmente en Xerusalén.

A vitoria de Montgisard significou a supervivencia do Reino de Xerusalén até a morte do rei Balduíno IV.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Batalla de Montgisard