Batalla de Medina de Rioseco
A Batalla de Medina de Rio Seco foi disputada durante a Guerra da Independencia española o 14 de xullo de 1808 e provocou a derrota do único exército español capaz de defender os vellos reinos de Castela e León contra os franceses.
Índice |
Situación no norte de España [editar]
As recentes operacións efectuadas polos franceses na rexión estaban lonxe de espertar o interese de Napoleón. En xuño, unha columna destacada de Jean-Baptiste Bessières tentou marchar sobre Santander, a fin de asegurar as comunicacións francesas e gardar a costa cantábrica ante un posíbel desembarco británico. Abafado pola resistencia masiva na zona, Bessières veuse forzado a dar marcha atrás.
Napoleón empeñou entón máis tropas e formulou unha nova estratexia. En xullo ordenou a Bessières que renovase a ofensiva sobre o Leste. Fronte os franceses opúñase o xeneral Joaquín Blake y Joyes, que comparte mando nun difícil duunvirato co xeneral Cuesta, axuntando un exército heteroxéneo de recrutas, milicianos e máis soldados regulares que procedían de cuarteis illados. Ámbolos dous xenerais españois comandan unha forza de arredor de 24.000 homes. Esta forza tomou posicións sobre unha suave altura próxima á cidade de Medina de Rio Seco.
Desenvolvemento da batalla [editar]
O 14 de xuño unidades das dúas divisións do exército de Bessières efectúan o asalto da crista. A maioría dos españois combaten con vontade indomábel, inflixindo aos franceses unhas perdas calculadas en máis de 1.000 homes, mais o fráxil exército de Blake foi finalmente quebrado polos asaltos determinantes do seus inimigos, sendo posto en fuga cara o Oeste. Se hai que facer algún reproche sobre esta derrota española, debe recaer sobre Cuesta, que por razóns nada claras, refusou despregar os seus 6.500 homes.
Consecuencias da batalla [editar]
Como secuela da acción de Medina de Rio Seco, Bessières tomou doadamente León e Zamora. Os franceses efectuaron salvaxes represalias cos prisioneiros e contra as poboacións das localidades veciñas, que ironicamente foran das poucas que non se uniran ao levantamento popular xeral.
A vitoria de Bessières mellorou grandemente a posición estratéxica do exército francés no Norte de España. Encantado, Napoleón proclamou:
[1].
Notas [editar]
- ↑ O sal da cita reside no feito de que catro días despois, o xeneral Dupont era vencido en Bailén polos españois e sometíase con 20.000 homes a unha capitulación humillante para os franceses. Ver Batalla de Bailén. O mando francés veuse preso de pánico e ordenou unha retirada xeral até o Ebro, desfacendo a obra tan duramente lograda por Bessières