Batalla de Junín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Junín.jpg

A batalla de Junín foi o penúltimo enfrontamento armado que sostiveron os exércitos español e peruano, no proceso que conduciu á independencia efectiva do Perú de España, tras a proclamación de independencia do 28 de xullo de 1821.

Historia[editar | editar a fonte]

A batalla desenvolveuse na pampa de Junín, departamento de Junín, o 6 de agosto de 1824; a vitoria dos independentistas serviu para aumentar a moral das súas tropas.

Os realistas ocupaban a serra central e o sur. O xeneral Simón Bolívar tras conseguir a independencia de Venezuela e Colombia participou tamén na consolidación da independencia peruana. Bolívar tiña un exército de 8.000 homes e as forzas realistas sumaban 18.000 entre o val do Mantaro e o Alto Perú, unha sublevación no Alto Perú obrigou ao vicerrei a mandar parte das forzas que tiña establecidas en Puno, Bolívar diante esta nova situación decidiu atacar ás forzas realistas máis próximas. En xuño de 1824, encamíñase coas as súas tropas cara ao sur do para enfrontarse co xeneral realista José de Canterac.

A batalla durou uha hora, e no enfrontamento non se fixo uso de armas de fogo, foi un choque entre cabalerías con uso de sabres e espadas. Morreron 148 soldados do bando peruano e 248 do bando español.