Batalla de Clavijo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tímpano da Batalla de Clavijo, na Catedral de Santiago.
Imaxe de Santiago Matamouros en Carrión de los Condes.
Castelo de Clavijo.

A Batalla de Clavijo, foi un dos mais célebres momentos da Reconquista, aínda que hoxe é considerada só unha lenda forxada polo arcebispo Rodrigo Ximénez de Rada na súa crónica. O suposto incidente teríase producido no denominado Campo da Matanza, nas proximidades de Clavijo, A Rioxa (España) o 23 de maio do ano 844.

A batalla tería a súa orixe na negativa de Ramiro I de Asturias a seguir pagando tributos aos emires árabes, con especial incidencia no tributo das cen doncelas. Por iso as tropas cristiás, capitaneadas por Ramiro I, irían en busca dos musulmáns, con Abderramán II ao mando, pero ao chegar a Nájera e Albelda veríanse rodeados por un numeroso exército árabe formado por tropas da península e por levas provenientes de Marrocos, tendo os cristiáns que refuxiarse no castelo de Clavijo en Monte Laturce. Alí cóntase que Ramiro I tivo un soño no que aparecía o Apóstolo Santiago, asegurando a súa presenza na batalla e a vitoria. Segundo a lenda, ao día seguinte os exércitos de Ramiro I, xunto coa presenza do Apóstolo montado nun corcel branco, venceron aos seus opoñentes.

O día 25 de maio na cidade de Calahorra o rei ditaría o voto de Santiago, comprometendo a todos os cristiáns da península a peregrinar a Santiago de Compostela portando ofrendas.

Con este suceso, o apóstolo converteuse en símbolo do combate contra o islam, sendo recoñecido desde entón como Santiago Matamouros.

O motivo da creación desta lenda sería animar á poboación a loitar contra os musulmáns, para poder contrarrestar o espírito de guerra santa coa que loitaban estes e que lles conseguía o Paraíso.

A primeira crónica que cita esta lendaria aparición foi narrada (cara a 1243) por Rodrigo Ximénez de Rada, bispo de Osma e arcebispo de Toledo.

Relevo da Batalla de Clavijo no frontón do Pazo de Raxoi, obra de Xosé Ferreiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • JIMÉNEZ DE RADA, Rodrigo. Historia de los hechos de España. Introdución, tradución, notas e índices de Juan Fernández Valverde, Madrid, Alianza Editorial, 1989.