Batalla de Ciudad Rodrigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Murallas de Ciudad Rodrigo

Co nome de batalla de Ciudad Rodrigo coñécese, durante a Guerra de Independencia española, a toma da cidade de Ciudad Rodrigo, Salamanca, España, por parte das tropas aliadas anglo-portuguesas que mandaba o xeneral inglés Lord Wellington, nun asalto efectuado ao longo da noite do 19 de xaneiro ao 20 de xaneiro de 1812. A praza forte estaba defendida por unha gornición francesa ao mando do xeneral Barrié. A posición da localidade, no camiño entre Portugal e España, converteuna nunha presa apetecida polos contendentes durante a Guerra Peninsular.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

O 9 de xullo de 1810, o marechal francés Michel Ney tomou a praza forte de Ciudade Rodrigo logo de vinte e catro días de asedio. Os 5.500 homes da gornición, mandada polo marechal de campo Andrés de Herrasti, rendéronse despois de que a artillaría francesa abrise unha brecha pola que entrou a infantaría ao asalto.Os españois sufriron 451 mortes e 994 feridos, e foron capturados 4.000 homes e 118 cañóns. O VI corpo de Ney tivo 180 mortes e sobre uns 1.000 ferido durante o asedio. A soldadadesca francesa submeteu a cidade a pillaxe. O asedio retrasou a invasión de Portugal, que dirixía o marechal André Masséna, polo menos durante un mes.

A batalla[editar | editar a fonte]

O xeneral británico Wellington iniciou a súa campaña do ano 1812 con a toma de Ciudad Rodrigo nun asalto ao longo da noite do 19 de xaneiro ao 20 de xaneiro de 1812, despois de operacións preparatorias nas que investíu 10 días. Nos ataques previos, os británicos capturaron dúas alturas, o Tesón Grande (8 de xaneiro) e o Tesón Pequeño (16 de xaneiro).

Mentres a artillaría británica, sob mando do capitán Alexander Dickson abrira xa dúas brechas na muralla da cidade, de distinto grandor. A maior foi asaltada pola 3ª división do xeneral Thomas Picton, entanto a menor foi atacada pola División Lixeira do xeneral Robert Craufurd. Porén o ataque foi moi custoso morrendo dos aliados, entre outros, os xenerais Henry Mackinnon e Craufurd, ademais de 195 mortos e 916 feridos. Os 2.000 homes da gornición que mandaba o xeneral de brigada Barrié tiveron 529 baixas, entre mortos e feridos. A vitoria ficou emborranchada cando a tropa británica se abandonou á pillaxe.

Consecuencias[editar | editar a fonte]

O exército francés de Portugal perdeu na toma os seu pertrechos, entre os que cabe indicar 142 cañóns. A captura de Ciudad Rodrigo facilitou o subseguinte ataque de Wellington sobre Badaxoz, cuxa toma resultou ser moito mais sanguenta.

Pola liberación da cidade, Wellesley que naquela altura era Viceconde de Wellignton foi recompensado con o título de duque de Ciudad Rodrigo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • D. D. Horward, Napoleón y la Península Ibérica. Ciudad Rodrigo y Almeida, dos asedios análogos, 1810 (1984, 2006).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Ciudad Rodrigo Durante a Guerra da Independencia