Batalla de Charleroi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Charleroi, parte da Batalla das fronteiras
Battles of Charleroi and Mons map.png
Plano inicial da batalla de Charleroi.
Data: 21 de agosto de 1914
Lugar: Charleroi, Francia
Conflito: Primeira Guerra Mundial
Resultado: Vitoria alemana
Combatentes
Flag of France.svg República Francesa Flag of the German Empire.svg Imperio Alemán

A batalla de Charleroi foi unha batalla da Primeira Guerra Mundial, producida o 21 de agosto de 1914 no contexto da batalla das fronteiras. Os franceses pensaban atacar no río Sambre, mentres os alemáns lanzaron o seu propio ataque. A vitoria foi alemá.

Batalla de Charleroi[editar | editar a fonte]

O 20 de agosto, o V Exército francés do Xeneral Lanrezac comezou a concentrarse nunha liña duns 40 quilómetros no río Sambre, co centro en Charleroi e estendéndose cara ao leste, cara a fortaleza belga de Namur. Na á esquerda situouse o Corpo Expedicionario Británico. O exército de Lanrezac perdera varias divisións, que foran enviadas cara Lorena, debido ao ataque xermano nesta zona. Deste xeito, quedaba en desvantaxa numérica fronte aos alemáns, que reuniran 38 Divisións dos II e III Exércitos.

Lanrezac cría que a mellor solución era a de retirarse, sobre todo polo perigo que xeraba a invasión belga por parte das tropais do II Reich. Non obstante, Joffre, Comandante en Xefe francés ordenou seguir as directivas do Plan XVII. Segundo Joffre, o 21, Lanrezac debería atravesar o río e atacar. Antes de que puidese pór en marcha o ataque, os alemáns lanzaron a súa ofensiva, creando dúas cabezas de ponte. A artillaría francesa non puido deter a ofensiva e ao día seguinte, o Xeneral alemán Büllow atacou con tres Corpos a todo o V Exército galo. Os combates duraron ata o día seguinte, cando Lanrezac decidiu retirarse de Charleroi. O III Exército alemán intentou rodear a Lanrezac, pero foi detido polo Xeneral francés Franchet d'Esperey. A pesar deste éxito, a retirada tivo que continuar polo avance alemán a través de Bélxica e as Ardenas. Do contrario, todas as tropas de Lanrezac quedarían atrapadas.

Consecuencias[editar | editar a fonte]

A derrota francesa en Lorena e a derrota belga en Namur propiciou un exitoso avance alemán a través de Francia e Bélxica. A retirada forzada de Lanrezac evitou a derrota total.

Notas[editar | editar a fonte]