Batalla de Camarón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ataque de guerrilleiros mexicanos a un convoi de víveres francés. Litografía coloreada, Museo Nacional de las Intervenciones, Ciudad de México.

A Batalla de Camarón tivo lugar o 30 de abril de 1863 na poboación de Camarón de Tejeda, no Estado de Veracruz, México, entre o exército mexicano da República contra a Lexión Estranxeira do exército do Segundo Imperio Francés.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

En 1863, durante a Segunda Intervención Francesa en México, o exército francés sitiou a cidad de Puebla, despois de fracasar no seu ataque previo a dita praza na famosa Batalla de Puebla o ano anterior.

O capitán Danjou.
O coronel Milán.

Un convoi francés composto por 64 carretas saíu do porto de Veracruz o 29 de abril de 1863 encargado de levar víveres, material de sitio e 3 millóns en ouro para pagar ás tropas sitiadoras. O Coronel Pierre Joseph Jeanningros, ao mando da Lexión Estranxeira, despois de recibir información sobre un probábel ataque contra o convoi, decidiu enviar á 3ª Compañía ao mando do capitán Jean Danjou, a explorar os accesos ao poboado de Palo Verde, antes da chegada do convoi. En total eran senta e dous soldados de infantaría e tres oficiais (o citado capitán e os tenentes Maudet e Vilain).

A batalla[editar | editar a fonte]

O 30 de abril, á 1:00, os soldados estaban en camiño. Ás 7 da mañá, despois dunha marcha de 15 millas, detivéronse en Palo Verde para descansar e preparar o almorzo. Pouco despois avistaron unha forza do exército mexicano de 800 doldados de cabalaría. O capitán Danjou ordenou o despregamento e formar e cadrado e, a pesar de recuar, causaron as primeiras baixas ao exército mexicano, debido principalmente ao maior alcance dos rifles franceses. Buscando unha posición máis defendíbel, Danjou ocupou as proximidades da facenda Camarón, unha hospedaxe protexida por un muro de tres metros de altura. O seu plan era manter ocupadas as forzas mexicanas para evitar ataques contra o convoi que estaba nas proximidades.

Mentres os lexionarios se preparaban para defender a hospedaxe, o comandante mexicano, o coronel Milan, exixiu a rendición de Danjou e dos seus soldados, resaltando a superioridade numérica do exército mexicano. Danjou respondeu: "Temos municións. Non imos a nos render". Aproximadamente ás 11:0 as tropas mexicanas recibiron reforzos coa chegada de 1.200 soldados de infantaría. A hospedaxe incendiouse, e os franceses perderan toda a auga. Ao mediodía, o capitán Danjou morreu dun disparo no peito, pero os seus soldados continuaron loitando a pesar da abrumadora superioridade das forzas mexicanas, baixo o mando do segundo tenente Vilain, que resistiu durante catro horas antes de caer durante un ataque das tropas mexicanas. Ás 5 da tarde a penas 12 lexionarios permanecían en torno do segundo tenente Maudet. Despois, ás 18:00 h, coa munición esgotada, os últimos soldados montaron desesperadamente unhaa carga á baioneta.

O coronel Milán, comandante dos mexicanos, evitou que os seus homes descuartizasen aos lexionarios sobreviventes. Cando os dous últimos sobreviventes foron convidados renderse, requiriron aos soldados mexicanos que os deixasen retornar á base coa súa bandeira, manter as súas armas e escoltar o corpo do capitán Danjou. Milán concordou cos termos dos franceses comentando: "Como podo recusar a estes homes? Non, estes non son homes, son diabos". E, por respecto, concordou cos seus termos.

Consecuencias[editar | editar a fonte]

Obelisco de Camarón, lembrado a batalla.

A metade da compañía foi morta ou mortalmente ferida. Os feridos foron transportados aos hospitais de Huatusco e Jalapa, onde foron coidados. Logo se intercambiáronse con prisionieros mexicanos. O primeiro intercambio tivo lugar tres meses despois da batalla e permitiu a oito lexionarios intercambiarse por dous centos de mexicanos.[1]

O convoi francés puido, porén, evitar o ataque mexicano e chegar sen obstáculos a Puebla.

Por decreto do 4 de outubro de 1863, o ministro da Guerra, xeneral Randon, ordenou que o nome "Camerone" se inscribira na bandeira do rexemento da Lexión Estranxeira.[2] Ademais, o emperador Napoleón III decidiu que os nomes de Dande, Vilain e Maudet fosen gravados nas paredes dos Inválidos.

En 1892 foi erixido un monumento no lugar do combate, cunha inscrición en latín que rezaba: "Eles foron aquí menos de sessenta, opostos a todo un exército que lles destruíu a vida antes de que a coraxe abandonase aos soldados franceses". Pero o seu abandono incitou en 1948 ao coronel Penette a levantar un novo, que foi inaugurado oficialemente en 1963.[3] Nel fifura a inscrición:

Ils furent ici moins de soixante
Opposés à toute une armée.
Sa masse les écrasa.
La vie plutôt que le courage
Abandonna ces soldats Français
A Camerone le 30 avril 1863
Cada ano, a Lexión Estranxeira Francesa comemora a batalla de Camarón na súa sede, en Aubagne.

Todos os anos, o 30 de abril, o goberno mexicano organiza cerimonias no memorial, cun desfile de varias unidades militares mexicanas. A estas cerimonias contan ás veces coa participación de representantes do exército francês, e o lugar tamén é visitado por veteranos xubiados da Lexió Estranxeira Francesa. A aldea celebra así mesmo unha festa o mesmo día.

A conduta atribuída á Lexión nesta loita mitificouse e Camarón é, dentro das súa filas, sinónimo de coraxe e de loitaa até a morte.[4]

O capitán Danjou era un militar profesional que perdera a man esquerda durante unha expedición na campaña de Alxeria, e tiña unha prótese de madeira articulada e pintada para semellar unha luva, prendida ao seu antebrazo esquerdo. Esta prótese é o obxecto máis valioso da historia da Lexión, e o lexionario que a leva durante un desfile na súa caixa protectora considera como unha grande honra que lle concederan a encarga.

O día 30 de abril comemórase como o "Día de Camarón", un día moi importante para os lexionarios.

Conmemoración da batalla de Camarón no Théâtre antique d'Orange, Orange (Francia).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lanusse (1891), p. 55.
  2. Lanusse (1891), p. 154.
  3. Manes Postigo (2004), p. 199.
  4. Windrow, Martin (2005): The Last Valley: Dien Bien Phu and the French Defeat in Vietnam. Da Capo Press. ISBN 0-306-81443-9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Batalla de Camarón

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Avenel, Jean (1996): La campagne du Mexique (1862-1867). Éditions Economica. ISBN 978-2717831108.
  • Gouttman, Alain (2008): La guerre du Mexique, 1862-1867: le mirage américain de Napoléon III. Perrin. ISBN 9782262021160. Resume.
  • Julaud, Jean-Joseph (2008): Camarón. Le Cherche midi éditeur. ISBN 2-7491-1059-9.
  • Eugène Lanusse, Eugène (1891): Les héros de Camaron. Flammarion.
  • Manes Postigo, Joaquim (2004): El mito de Camerone. Hergue Editores. ISBN 84-95319-80-2.
  • Sergent, Pierre (1980): Camerone. Editions Fayard. ISBN 2-213-00890-6.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]