Batalla de Cabezón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Batalla de Cabezón foi un encontro bélico, no lugar homónimo, moi preto de Valladolid, nos inicios da Guerra da Independencia española, o 12 de xuño de 1808, entre unha pequena forza española (que pomposamente foi chamada "Exército de Castela") e as tropas do xeneral Lasalle, que estaba ás ordes do Corpo do exército francés que dirixía o marechal Bessières.

A batalla tivo lugar cando o pequeno exército, con uns 4.700 homes e 300 xenetes, provistos dun par de pezas de artillaría, dirixido polo xeneral Cuesta, reunido a presa para tentar defender Castela a Vella, foi despregado entre a ponte de Cabezón e o camiño de Burgos fronte as divisións francesas que se achegaban. En lugar de encravarse na beira do río Pisuerga, Cuesta, levado polo entusiasmo dos seus homes, conducíu as súas tropas atravesando o río, contra un inimigo que practicamente o dobraba en número (9.000 homes). O resultado estaba cantado: a veterana cabaleiría de Lasalle desfíxose con facilidade dos verdes recrutas de Cuesta e marchou sobre Valladolid. Os franceses tieron 50 baixas, sendo o número de perdas españolas descoñecido.


Referenciass[editar | editar a fonte]

  • Gates, David. The Spanish Ulcer: A History of the Peninsular War. Da Capo Press 2001. ISBN 0-306-81083-2

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Esta entrada é unha versión da correspondente da Wikipedia en inglés.