Batalla de Buçaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A serra de Buçaco

A batalla do Buçaco (ou Bussaco, de acordo á grafía antiga), foi un encontro bélico acontecido durante as Guerras Napoleónicas, nun lugar próximo do Luso, na Mealhada, Portugal, o 27 de setembro de 1810.

Historia[editar | editar a fonte]

Enfrentamento[editar | editar a fonte]

Combateran, por unha banda, forzas aliadas portuguesas e británicas (uns 50.000 homes), baixo o mando de Arthur Wellesley, e, por outra banda, forzas francesas (arredor de 65.000 soldados) dirixidas polos mariscais André Masséna e Michel Ney. O encontro, que resultou vitorioso para as forzas anglo-portuguesas, foi decisivo na evolución positiva desa alianza no enfrontamento contra os exércitos napoleónicos.

Wellington saíu desde os arredores de Lisboa, a fin de cortar o avance das tropas de Masséna, que recentemente entrara en Portugal proveniente de España. Deste xeito buscaba previr a presión futura que puideran exercer os franceses sobre ás Liñas de Torres Vedras, un círculo defensivo montado nas proximidades da capital portuguesa pola alianza luso-británica. No seu avance as tropas anglo-portuguesas ocuparon as cristas montañosas cercanas a Buçaco. Á vista do inimigo, Masséna ordenou asaltos sucesivos sobre as posicións contrarias, das que non lograron desaloxalo. O balance foi que os franceses perderon uns 4.500 dos seus homes, fronte aproximadamente 1.500 británicos e portugueses.

Nos días seguintes, Masséna ordenou ataques de flanco contra as posicións inimigas, sen éxito tampouco. O 10 de outubro, Wellington dispuxo a retirada para as posicións anteriores tras as Liñas de Torres Vedras. As defensas destas, demasiado poderosas para tentar un ataque en regra, e cun exército esgotado, levaron á retirada das tropas francesas.

Consecuencias[editar | editar a fonte]

Falto de víveres, con parte das súas tropas enfermas, e fustrigado por ataques dos anglo-portugueses no camiño de volta, Masséna regresa para España a comezos de 1811. En total perdeu uns 25.000 homes nas distintas fases de combates. Este novo intento francés por controlar Portugal e botar dese país os británicos fracasou. Pola súa parte, Wellesley renunciou a liberar totalmente Portugal do resto de tropas francesas, esperando unha ocasión máis propicia. Porén, Masséna volveu fracasar en maio do 1811 en Fuentes de Oñoro, de novo fronte os anglo-portugueses de Wellesley, o que significou o seu retiro do mando de calquera clase de tropas napoleónicas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]