Batallón Vasco Español

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Batallón Vasco Español foi unha organización terrorista española de ultradereitas activa dende 1975 a 1981, inicialmente en Iparralde. O BVE empleaba a violencia principalmente contra grupos radicais do nacionalismo vasco.

Co cambio de goberno en Madrid, dende a centrodereitista UCD ó centroesquerdista PSOE en 1982, o BVE desapareceu e foi reemprazado polos GAL.

Ataques atribuidos ó BVE[editar | editar a fonte]

Esta lista non está completa, polo secretismo que hai sobre todo este tema debido ás supostas relacións gubernamentais con este grupo e outros, e porque moitos dos seus ataques xamais foron reivindicados[Cómpre referencia]. Ademais, os nomes de BVE e outros (Guerrilleros de Cristo Rey, Anti Terrorismo ETA, Primera Línea de Fuerza Nueva, Grupos Armados Españoles, Alianza Apóstolica Anticomunista e, despois, GAL e GANE) teñen sido empregados indistintamente polas redes nacionalistas españolas[Cómpre referencia].

  • 2 de agosto 1977: asasinato de Juan J. Lopetegui Carrasco (suposto militante de ETA) en Anglet (Lapurdi). Reivindicado.
  • 2 de febreiro 1978: asasinato de Yolanda González Martín (estudante vasca e membro do Partido Socialista dos Traballadores) en Madrid. Reivindicado. Membros do partido de extrema dereita Fuerza Nueva foron arrestados por isto, incluído un policía.
  • 21 de decembro 1978: asasinato de José Miguel Beñarán, "Argala" (suposto militante de ETA), en Anglet. Carlos Gastón, membro do BVE foi acusado por este crime.
  • 12 de maio 1979: asasinato do policía Peru Lañarraga Juaristi (alegaron que colaboraba con ETA) en Baiona (Lapurdi).
  • 28 de xuño 1979: asasinato de F. Martín Eizaguirre e Aurelio Fernández (pretendidos militantes do GRAPO) en París.
  • 28 de setembro de 1979: asasinato de Tomás Alba Irazusta, concelleiro de Herri Batasuna, no seu pobo natal de Astigarraga (Guipúscoa).
  • 2 de febreiro de 1980: asasinato de Jesús Mª Zubikaray Badiola, membro de Euskadiko Ezkerra, en Hernani (Guipúscoa).
  • 19 de abril de 1980: asasinato de Felipe Zagarna Ormazábal, membro de Herri Batasuna en Hernani. Reivindicado.
  • 8 de maio de 1980: asasinato de María José Bravo del Valle (estudante sen ningunha relación política coñecida) en Donostia (Guipúscoa).
  • 30 de agosto de 1980: asasinato de Angel Etxaniz Olabarria, membro de Herri Batasuna, en Ondarroa (Biscaia).
  • 7 de setembro de 1980: asasinato de Miguel Mª Arbelaiz e Luis Mª Elizondo (membros de HB) en Hernani.
  • 14 de novembro de 1980: asasinato de Esperanza Arana e Joaquín Alfonso Etxeberria (pretendidos membros de ETA) en Caracas (Venezuela).
  • 14 de novembro de 1980: asasinato de Joaquín Antimasbere Escoz (sen ningunha conexión política coñecida) en Hernani.
  • 23 de novembro de 1980: ametrallamento contra o Bar Hendayais en Hendaia. José Camio e Jean Pierre Aramendi (ambos sen conexións políticas coñecidas) foron asasinados. Outras dez persoas resultaron feridas.
  • 30 de decembro de 1980: asasinato de José Martín Sagardia Zaldua (pretendido membro de ETA) en Biarritz (Lapurdi).
  • 3 de marzo de 1981: asasinato de Francisco Javier Ansa Cincunegui, membro de HB, en Andoain (Guipúscoa).